Vitoria para o Tubasys Xiria

TUBASYS XIRIA     33 – 29     DOCE ÓPTICOS BM TUI

Partido correspondente á decimosegunda xornada da Liga Ouro, desputado no Pavillón Fogar (Carballo). Primeira vitoria deste 2025 para o Tubasys Xiria.

Partido de altibaixos para o Tubays, que non acaba de atopar estabilidade na defensa. As imperfeccións na defensa e as poucas axudas condenan atrás ao Tubasys, que enlaza estos fallos con atascos no ataque posicional derivados das inseguridades defensivas. 

A segunda parte do Tubasys Xiria tivo mellor color ca primeira grazas a unhas boas accións defensivas que permitían correr contraataques que daban vida ao equipo. Conseguiron tamén uns ataques posicionais máis rápidos e con desmarques, e bos lanzamentos dende 9m derivados da confianza que gañaron co paso dos minutos.

Na próxima xornada o equipo viaxará ata Cangas na procura de 2 puntos que as acerque á metade da táboa.