Vitoria traballada do Laber Xiria diante da Sar de Redondela

Laber Xiria 30 – Sar Redondela 24 – (16-12)

Eran coñecedores ambos equipos da importancia deste encontro pola loita da sexta praza que da dereito a eludir o play off clasificatorio de inicio de tempada, polo que a tensión e gañas de facer un bo encontro respirábase nos prolegómenos.

Tremenda saída a pista da Sar, cun despliegue de recursos e lanzamentos que desbordaban o 6:0 defensivo do Xiria, cada ataque dos redondeláns convertíase en gol, os carballeses ían aguantando do marcador porque tamén anotaban, aínda que foron abrindo oco os visitantes con ese ameazante 7 a 10 aos 15 minutos. Tiña que mudar algo no transcorrer do encontro e o Laber Xiria optou por unha defensa 5:1 profunda, que si ben deixaba máis espazo para o pivote e as circulacións impedía que os acertados lanzadores golpeasen as mallas da portería local. O Xiria recobrou sensacións chocando en defensa e recuperando balóns para romper ao contraataque e poñerse por diante no descanso cun 16 a 12.

Non se fixo esperar a reacción da Sar ao cambio defensivo do Xiria, xogando sempre con dobre pivote e pola súa parte apostando por unha defensa mixta sobre o central do Xiria. Soubo resolver ambas facetas o Laber e co transcorrer dos minutos foi incrementando a diferenza no marcador, tendo un final de encontro bastante tranquilo e recuperando incluso a diferenza de goles do partido da primeira volta onde perdera de 4 goles.

Novo paso adiante do Laber Xiria que neste 2019 tenlle collido o pulso a competición manténdose invicto nas cinco xornadas disputadas. A vindeira semana o equipo viaxara a casa do derradeiro clasificado, Balonmán Porriño, onde pode prologar a súa racha, para elo deberá darlle moita seriedade ao partido.

Grupo Lemaco Xiria 30 (16): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez, Alex Gómez 13, Adrián Mesejo, Mario Cancela 9, Dani Mallo 2, Franco Rial 1, Diego Antelo, Aaron Rodríguez, Brais Vila 3, Ivan Hernández, Renzo Díaz, Andrés Urbieta 2 e Manuel Rama.

Sar Redondela 24 (12): Iñaki Míguez e Martín (porteiros) , Raúl Domínguez, Gael González 1, Juan Bas 7, Javier Mera 9, Ángel Pérez , Diego Alonso 1, Alejandro Santos, Daniel Virulegio 2, Javier Rivas 4 e Marco Covelo.

Marcador cada 5 minutos: 2-3/ 6-7/ 8-10/ 12-12/ 13-12/ 16-12/ 17-15/ 20-16/ 24-17/ 26-21/ 28-21/ 30-24

Arbitraron: Andrés Hermida e Andrés Tejo, sen complicacións.