Vitorias do Lista Xiria e Telepizza Carballo Xiria na xornada de Bm5

Esta fin de semana disputábase a segunda xornada de Bm5 para os nosos dous equipos alevíns masculinos Lista Xiria e Telepizza Carballo Xiria e non puido ir mellor.

Por un lado, o Lista Xiria desprazábase na mañá do sábado a Santiago de Compostela para enfrontarse no Pavillón Quiroga Palacios ao Balonmán Camariñas RMO. Os rapaces de Carballo, aínda que comezaron un pouco dubitativos e con algúns erros de pase e lanzamento, disputaron un moi bo partido e conseguiron levarse a vitoria.

 

Lista Xiria vs Camariñas RMO: 12-4

Andrés Pombo, Hugo Rivas, Lucas Fajardo, Nicolás Mejuto, Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Xabi Fernández e Alberto Domínguez.

1º cuarto: 6-5

2º cuarto: 10-3

3º cuarto: 8-3

4º cuarto: 7-3

 

Polo outro lado, ao Telepizza Carballo Xiria tocáballe xornada de domingo e non quixeron ser menos que os seus compañeiros. Viaxaban á A Coruña para enfrontarse no Pavillón San Francisco Javier ao Catering Imos Arteixo. Os nosos rapaces comezaron moi fortes e estiveron moi atinados no lanzamento e conseguiron levarse tamén a vitoria nun partido moi serio.

 

Telepizza Carballo Xiria vs Catering Imos Arteixo: 12-4

Saúl Fuentefría. Marcos Varela, Andrés Pedreira, Álvaro Gómez, Unai Cotelo, Xano Rama e Nicolás Lorenzo.

1º cuarto: 13-6

2º cuarto: 11-9

3º cuarto: 15-3

4º cuarto: 12-3