Vitorias para os equipos de Punta del Este

O Punta del Este Xiria A reafirma o seu bó momento de forma con dúas novas vitorias que o elevan ata o quinto posto da Liga Ouro.

As carballesas recibían na casa o Bm. Bueu, o pasado sábado, nun encontro que resultou do máis igualado en todo momento. A defensa pechada das pontevedresas levou o marcador a números baixos como xa acontecera na primeira volta cando as de Bueu gañaran por un 13-12.
Nun segundo tempo similar, as de Zarra lograron distanciarse a falta de 10 minutos, pero nun arreón final as visitantes a piques estiveron de darlle a nolta a situación.

Xa este martes, no CEIP Fogar, as verdes recibiron o filial do At. Guardés, equipo que marchaba por diante das carballesas na clasificación. As do Xiria comenzaron moi fortes cun parcial de 5-1 nos primeiros dez minutos, pero as de A Guarda conseguiron equilibrar o electrónico a pesares de ir a remolque durante todo o encontro. As carballesas non gozaron dun encontro bó no lanzamento, pero si que mantivo a cara a partir da defensa.
Con dous goles de diferenza no último minuto e a posesión, un erro no pase propiciou o gol do At. Guardés, que meteu o medo ás locais. Finalmente lograron manter o gol de diferencia, que lle supón ás de Zarra a sétima vitoria consecutiva, coa visita en Vigo este próximo sábado ás terceiras clasificadas, o Bm. Carballal.

 

De igual maneira, as nenas do Punta del Este Xiria B, proclamaronse campeonas do seu grupo de Liga Prata, con doce vitorias en outros tantos encontros, despois de gañar por cinco goles (22-17) ao segundo clasificado o Bm. Lucense.
As verdes só puideron abrir brecha no tramo final do encontro, que lles permitiu xogar e xestionar con máis tranquilidade a parte final do encontro.

As carballesas pasan á segunda fase como líderes en solitario, cun total de 8 puntos, a 4 puntos das perseguidoras: Bm. Meaño, SD Teucro e EDM Caselas. Bm. Lucense pasa con tres puntos mentres que o Pabellón de Ourense arrastrará un punto.

Esta fin de semana comenzará a primeira xornada da segunda fase, onde as de Zarra recibirán a EDM Caselas para intentar consolidar ese primeiro posto.