Xa está en marcha a campaña de socios 2020/2021

Arranca a Campaña de Socios 2020/2021 dunha maneira atípica por estes tempos que nos toca vivir.

Máis que nunca, un club coma o noso, precisa do apoio dos seus socios e socias para que nestas circunstancias adversas o golpe sexa menos doloroso.
Conseguiremos entre todos que a nosa canteira siga evolucionando con garantías para formarse deportiva e persoalmente.

Queremos agradecervos de antemán todo o voso apoio, porque esteas onde esteas, ti tamén xogas.

Como é ben sabido por todos, esta tempada imos ter limitacións de aforo nos pavillóns, polo que as socias e socios terán preferencia no momento da obtención das entradas para os partidos dos equipos sénior.

Facilitaremos a adquisición de entradas con antelación para os socios (gratuítamente) e no caso de que queden libres asientos ofertaranse ao público en xeral posteriormente mediante pago online.

Prezos Soci@ tempada 2020-2021
< 18 anos —— De Balde
Individual ——- 35€
Familiar ——— 65€ (ata 3 adultos)
Familiar + 1 —- 65€ + 20€ por un adulto extra
Protector ——– 100€

Inscricións ata o 31 de outubro

Os deportistas das Escolas de Balonmán Xiria e os seus titores non é necesario que se inscriban como socios. Abonda con que fagan a inscrición nas Escolas que se mandou aos grupos de titores.

Alta Pago Transferencia

Alta Pago Tarxeta

Esta tempada tamén terás carné dixital 📱

Todos os rexistros online poderán acceder ao seu carné dixital dende o seu móbil. Tódolas socias e socios poderán acceder ao seu perfil de Escolas de Balonmán Xiria a través da app Cluber.

Ademáis do carné poderán recibir mensaxes e avisos do clube, consultar dúbidas e manter ao día todos os seus datos personais.
Tamén dende aquí terán acceso a campañas que vaiamos publicando como entradas, inscricións, venda de camisetas, etc.