Comeza un novo ciclo de partidos para o Calvo Xiria perante rivais moi difíciles, e no que necesita seguir a puntuar se desexa manter as opcións de achegarse aos dous primeiros clasificados. O primeiro dos envites será co Lalín en terras dezáns, en encontro que se xogará este sábado ás 19:00 no Lalín Arena. Preséntase un choque moi complicado ante un rival que foi quen de puntuar hai quince días na difícil pista do Chapela. Moita intensidade e evitar erros parece que teñen que ser as premisas para os carballeses ante un equipo con moitísima calidade e que se crece diante dos seus seareiros.
O Goldie Xiria remata este domingo en Camariñas, a primeira fase da Liga de Primeira Autonómica Feminina, diante do Encaixe Camariñas as 12.3o no Pavillón do Arela. O equipo afronta o encontro con gañas de deixar bo sabor de boca da tempada realizada ata o de agora, onde a punto estivo de clasificarse entre os mellores. Diante terá un difícil rival, o Encaixe Camariñas, equipo que loitará polo ascenso. O Goldie deberá seguir co bo facer en defensa amosado este ano e ser máis ambicioso en ataque, mellorando as apartacións e estando máis acertado cara a gol.
A xornada da liga de División de Honra dispútase este domingo no Pavillón Carballo Calero. Os cadetes do Grupo Lemaco loitarán por unha vitoria que lles permita mirar de novo con optimismo aos catro primeiros postos, despois do pequeno tropezón de hai dúas semanas no derbi contra o BM.Ártabro, disputándose ás 12:45 e no que os cadetes de Xiria deberán de saír intensos e concentrados si queren imporse a un bo equipo como o é o BM.Lalín. Pola súa banda, os xuvenís, que ocupan o segundo lugar da clasificación, en caso de vitoria distanciaríanse 5 puntos do BM. Lalín, o seu inmediato perseguidor. Sen dúbida, unha ocasión única para pór terra de por medio cun dos mellores conxuntos do campionato. Todos os efectivos están dispoñibles para esta importante cita. O partido, que se iniciará ás 11:15.
Namentres O Garaysa Xiria recibe ás 10:00 ao Bm. Carballal, que chega como 4º clasificado con 18 puntos. Pese a diferenza na táboa entre ambos equipos o Garaysa tentará facerse coa vitoria impoñendo a súa condición de local. Desenvolver o xogo rápido que caracteriza ao Garaysa e acadar tanteos altos serán as claves para poder levar os dous puntos contra un dos equipos menos goleadores da liga. O equipo infantil de Territorial, o Marmolería Jose Rey Xiria, xoga tamén o domingo ás 12:30h no Pavillón do CEIP Fogar. Enfronte terá ao líder da táboa, o Bm. Pontedeume, que chega con 8 vitorias en 8 partidos. As opcións para levarse o encontro pasan porque o equipo faga un bo traballo en defensa que lles permita correr ao contragolpe.
E o sábado dende as 10:00 os equipos alevíns e benxamíns de Escolas Balonmán Xiria afrontan unha nova xornada que se disputará no Pavillón do CEIP Fogar, con os seguintes horarios:
10:00 Laber Xiria – Alca B
10:00 Alca A – OAK English Centre Xiria
10:45 Xallas – Grupo Lemaco Xiria
10:45 Alca A – Ifecgas Pereira Xiria
11:30 OAK English Centre Xiria – Camariñas
11:30 Alca A – Laber Xiria
12:15 LK Xiria – Camariñas B
13:00 Camariñas A – Punta del Este Xiria