Xogará por segunda semana consecutiva o Calvo Xiria coma local, enfrontándose ao Vitaldent Bm. Pontevedra na sétima xornada da liga de 1ª Estatal, e o fará no seu horario habitual de sábado ás seis da tarde. Logo dun derradeiro partido pouco vistoso cara ao seareiro agárdase que o conxunto carballés amose a súa mellor faciana para enfrontarse a un rival que transita na parte media da táboa con seis puntos. Moita calidade e experiencia definen ao conxunto pontevedrés, que xa o pasado ano foi quen de dar un desgusto aos verdibrancos e que de seguro obrigaraos a estar moi centrados e intensos se queren seguir invictos na casa. En canto á convocatoria todos os xogadores están a disposición do adestrador Marcos Rodríguez, coa única dúbida do xuvenil Iván Campos, pois o conxunto xuvenil xoga tamén o sábado pola tarde en Cangas. Alejandro Naya e Martín Gómez (porteiros), Alejandro Calvete e Ramón Suárez-Pumariega (pivotes), Jorge Bouzas, Manuel Méndez, Pablo Iglesias, Martín Alfeirán, Julián López e Gonzalo Pombo (1ª liñas), Brais Puñal, Javier Rodríguez e Sergio Facal , Mario García de Seárez (2ª liñas).
Aproveita o equipo sénior feminino do Goldie Xiria a xornada de descanso para disputar este sábado o partido aprazado correspondente a primeira xornada de Liga, as 8 da tarde no Municipal de Porriño. O encontro preséntase complicado ante un dos mellores equipos da categoría, non so gañador da pasada liga senón tamén filial do equipo porriñés de División de Honra Feminina, e onde as xogadoras con máis proxección do equipo rematan a súa formación. Desprega o conxunto porriñés unha defensa de presión abafante, o que obrigará ao Goldie buscar máis profundidade nas accións de cara a portería contraria. A espera do que aconteza no derradeiro adestramento, a única baixa será a de Aida por motivos persoais, polo que queda a seguinte convocatoria: Brenda Noya (porteira) Juana Garrochena, Natalia Solís, Zeltia Landeira, Tamara Pombo, Jéssica Posse, Marta Regueira, Sara Pombo, Cristina Gende, María Gómez, Adriana Gómez, Patricia García e Raquel Gómez.
O Garaysa Xiria Infantil, o Grupo Lemaco cadete e o equipo xuvenil de Escolas Balonmán Xiria, parten maña cara a Cangas para xogar, en horario de tarde, contra o conxunto da localidade, o Luceros. O desprazamento, presentase moi complicado para os planteis de Carballo, xa que, o club do Morrazo, adoita contar con equipos que atesouran gran dose de calidade e de talento. Os infantís tentarán acadar a primeira vitoria lonxe de Carballo contra un rival que ocupa a penúltima praza da táboa cun so punto. Os cadetes do Grupo Lemaco, que ocupan a zona media da clasificación, terán que competir cun rival que lidera a táboa, a tres puntos dos verdibrancos. Pola súa banda, despois da dura derrota sufrida o pasado fin de semana como locais contra o Teucro, os xuvenís, buscan resarcirse nesta ocasión, facendo un bo partido e sobre todo, volvendo á senda do bo xogo. Os e Cangas, esperan esta confrontación ao axexo, situados tres postos por debaixo dos de Xiria, pero a tan só dous puntos de diferencia.
Os tres criadeiros, poderán contar con todos os seus xogadores, coa única dúbida de Iván Campos en categoría xuvenil, ante a posibilidade que quede en Carballo convocado polo equipo senior de 1ª nacional.
Os encontros, disputaranse no pavillón do Gatañal, en horario de 16:30h para infantís, 18:00h para os cadetes e 19:30h para os xuvenís.