Xornada de balonmán 5 en Camariñas con resultados dispares

Na mañá do sábado desprazáronse a Camariñas o equipo benxamin e un dos equipos alevin.

Comezaban a xogar as nenas benxamins do Óptica Auris no que non foi un bó partido,marcado pola falla de efectivos e no que non amosaron a progesión que están a dar en cada adestramento e o bó nivel que viñan amosando en encontros anteriores.

@s de Santiago sairon moito máis enchufados e concentrados cas nosas nenas, que perdían moitos balóns debido a falla de movilidade, o que propiciaba goles fáciles para os de Ribadosar.

En defensa tampouco estiveron abispadas o que supoñía que o Ribadosar lanzase unha e outra vez con facilidade.

Toca adestrar máis duro para olvidar este mal encontro.

Óptica Auris – Bm Ribadosar Alca: 04-12

1er cuarto: 03-16

2o cuarto: 03-11

3er cuarto: 01-09

4o cuarto: 05-09

Alba (1), Sara (1), Sofía, Natalia (9), Noa e Sara (1).

No segundo partido da mañá saltaban a pista as xogadoras do Garaysa.

Moi bo nivel o amosado polas nenas do Garaysa que ante un equipo moi superior tanto en estatura como en peso souperon quitar un valioso empate no mellor encontro amosado polas carballesas no que vai de tempada.

Desapareceron os erros nos lanzamentos habituais atopando situacións cómodas e tomando boas decisións nas situacións de ataque.

En defensa pelexouse cada balón cunha Carla a destacar nesta faceta que non se amedrentou en ningún momento ante nen@s moito mái magallóns ca ela, souperon as do Garaysa poñer en problemas @s de Camariñas, facendo que en moitas ocasións non lanzasen cómodos o que facía que Lorena na portería lograse paradas de moito mérito.

Destacar o nivel de concentración e as gañas de pelexar o partido de todas as xogadoras.

Garaysa Xiria Fem- Bm Camariñas Rmo: 8-8

1er cuarto: 12-06

2o cuarto: 07-12

3er cuarto: 04-10

4o cuarto: 06-05

Carla (9), Andrea (6), Natalia (2), Lucia (3), Lorena, Xulia (9) e Sara.