Xornada dispar para os equipos de Garaysa Xiria
Oplus_16908288

Xornada dispar para os equipos de Garaysa Xiria

Fin de semana intensa para os equipos infantís do Garaysa Xiria, que viviron dous encontros moi diferentes en canto a resultados e desenlace.

O Garaysa Xiria A protagonizou unha auténtica fazaña en Narón, conseguindo unha gran remontada ante o Balonmán Narón para vencer por 31-32 no partido correspondente á 1ª xornada da Liga Prata. A pesar de ir por detrás durante boa parte do encontro, os carballeses ofreceron unha exhibición nos últimos dez minutos cun parcial de 5-14, demostrando carácter, fe e unha excelente actitude defensiva e ofensiva.

Pola súa banda, o Garaysa Xiria B non puido sumar a vitoria ante o Liceo La Paz, caendo por 21-28. O equipo realizou unha boa primeira metade, cunha gran intensidade defensiva e moitas axudas e conseguiu irse ao descanso por diante (12-10), pero unha segunda parte máis frouxa, especialmente en defensa, acabou pesando no resultado final.

Dous encontros opostos que reflicten o traballo, esforzo e aprendizaxe constante dos rapaces do Garaysa Xiria, que seguen a crecer e competir con ilusión semana tras semana.

A vindeira semana o Garaysa Xiria A recibirá en Carballo ao Eumesa e o Garaysa Xiria B xogará a domicilio fronte ao RIbeira.