Xornada positiva en Santiago para os benxamís e alevíns de BM5

A xornada que se disputou este pasado sábado en Santiago na competición de BM5, saldouse cunha bagaxe positiva para os equipos benxamíns e alevíns de Xiria, xa que ainda que as vitorias e ás derrotas quearon en táboas, e o caracter competitivo e a aprendizaxe foi sobresainte en todos e cada un dos conxuntos de Carballo, cunha mellora evidente.

Lista Xiria vs Ribadosar.es (Alevín): 12-4 (15-2/ 16-3/ 12-5/ 9-5)

O Lista Xiria, amosouse moi superior ao seu rival de hoxe, tal e como se pode ver nos diferentes parciais dos catro tempos. O conxunto de Xiria, cunha superioridad física evidente, superou a o Ribadosar tanto na faceta defensiva como no ataque, gañando os catro tempos en xogo, o que lles permite seguir no alto da táboa clasificatoria.

Polo Lista Xiria xogaron: Hugo, Andrés Pombo, Rubén, Lucas, Nico Mejuto, Pablo e Xabi.

Ribadosar Alca vs Garaysa Xiria (Alevín): 10-6 (10-4/ 10-3/ 5-6/ 6-5)

Competíu moi ben o Garaysa Xiria ante un conxunto que posúe un xogador altamente definitorio dadas as súas calidades antropométricas. De feito, as nenas do conxunto e Carballo gañaron un tempo e a punto estiveron de sacar algo positivo no último, mostrando sempre un espírito competitivo encomiable e unha fe inquebrantable para uperar as adversidades que se lles expuñan, especialmente pola diferenza física.

Polo Garaysa Xiria xogaron: Sara, Nati, Lucía, Lorena, Carla, Xulia e Andrea.

Xallas FC. vs Óptica Auris Xiria (Benxamín): 6-12 (1-6/ 3-7/ 5-8/ 4-6).

Gran partido das rapazas benxamíns que amosaronse moi superiores aos veciños de St. Comba. Bo partido a partires dunha notable intensidade defensiva e con boa definición no lanzamento cara a portería contraria.

Polo Óptica Auris Xiria xogaron: Nati, Paula, Érica, Iris, Sara, Sofía, Alba, Noa.

Camariñas RMO vs Laber Xiria (Alevín): 6-10 (5-7/ 9-7/ 6-10/ 7-9).

Difícil encontro para o Laber Xiria, que conseguíu unha vitoria moi traballada ante un equipo moi combativo como o de Camariñas. As rapazas do laber souberon competir e levantarse despois da derrota do segundo tempo para rematar levándose o triunfo nos dous últimos tempos e polo tanto, o partido.

Polo Laber Xiria xogaron: Xulia, Julia, Samrawit, Elenita, Lucía e Noa.

Club Deportivo Zas vs MR. Nutrición Xiria (Benxamín): 12-6 (10-4/ 10-4/ 7-5/ 10-5).

Non puideron superar ao conxunto de Zas o conxunto benxamín Mr. Nutrición Xiria. O equipo de Zas foi superior no día de hoxe, ainda que os de Xiria, amosaron caracter e espíritu competitivo. Unha boa aprendizaxe para o conxunto de Carballo.

Polo Mr. Nutrición Xiria xogaron: Alex Pose, Álvaro Cotelo, Fallou, Hector Antelo, Manuel Pombo, Manuel Pombo, Marco Núñez, Mateo Cerviño e Xabi Gómez.

Ribadosar Alca Omega vs 7Metros Xiria (Benxamín): 12-6 (11-4/ 12-3/ 10-5/ 9-4).

O Ribadosar Alca Omega, foi superior ao 7 Metros Xiria. A superioridad física foi evidente, pero os nosos van en liña ascendente  e estos partidos serven e moito para aprender a competir e ir adquirindo experiencias.

Polo 7Metros Xiria xogaron:

Brais, Hector Dubra, Hugo Millán, Iker, Mateo, Pablo e Tomás.