TERCEIRA EDICIÓN DO CARBALLO HANDBALL FESTIVAL

Horarios Carballo Handball Festival’17

O Concello de Carballo organiza un ano máis e en colaboración coas Escolas Balonmán Xiria, este evento que edición tras edición atrae á nosa localidade centos de nenos e nenas de temperás idades, acompañados por familiares e técnicos.

IMG-20160311-WA0000

Este ano promete ser de emocións fortes e é que 645 participantes entre xogadores e entrenadores, estableceranse no noso pobo para gozar durante tres días do deporte do balonmán. Ata catorce clubs, que competirán cun total de 56 equipos nas diferentes categorías (Benxamín, Alevín e infantil masculino e feminino), completarán un ambicioso cartel con moitas entidades foraneas dun amplo historial no panorama nacional e de Portugal. Desde diferentes conxuntos asturianos aos de casa, pasando por Portugal ou Barcelona, mediranse, cun caracter lúdico-deportivo, nos pavillóns Vila De Noia, do CEIP Fogar e Carballo Calero, entre o 13 e o 15 de Abril.

Os clubs participantes serán:

Atl. Novás (O Rosal), BM. Rasoeiro (O Grove), BM. La Calzada, BM. Ribadesella, BM. Lucus (Lugo), BM. Xallas (St. Comba), Associaçao Académica De Sao Mamede (Portugal), Luceros (Cangas Do Morrazo), BM. Cisne (Pontevedra), BM. Rodeiro (Lalín), BM. Oviedo Feminino, Handbol St Joan Despí (Barcelona), Agrupación BM. Gijón Jovellanos e Escolas Balonmán Xiria como organizador.

Unha idea de:

logoxiriaescverde

A organización deste evento recae en:

carballo a un paso

carballo deporte

concello carballoPor suposto temos que agradecer o apoio do CEIP Fogar, CEIP Bergantiños, CEIP Xesús San Luis Romero, IES Monte Neme, IES Alfredo Brañas, CPI Alcalde Xosé Pichel, CEIP Canosa-Rus, empresas e a tod@s aquel@s nais, pais e seareir@s que de forma altruísta axudan na organización e desenvolvemento deste e doutros eventos.

Arbol cristalera

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña