Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socioBuscar

Infantil masculino

O Garaysa non puido co Luceros

Este sábado xogaba na casa,no pavillón do CEIP Fogar, o Garaysa Xiria contra un dos equipos máis fortes de esta categoría como é o Luceros. Este partido correspondente a 4ª…

Este sábado xogaba na casa,no pavillón do CEIP Fogar, o Garaysa Xiria contra un dos equipos máis fortes de esta categoría como é o Luceros. Este partido correspondente a 4ª xornada de liga a pesar de ser complicado servía para seguir progresando neste inicio de liga tan esixente.

No comezo do partido xa se viron as diferenzas entre ambos equipos e, con un parcial de 1-5 nos primeiros 5 minutos do partido, o Luceros tomaba a primeira ventaxa. O Garaysa non era capaz de frear o forte ataque dos de Cangas, superiores ao 1 contra 1. Os locales tiñan que facer continuas axudas e os espazos para o ataque eran cada vez maiores. No ataque o Xiria sí que foi capaz de atacar os espazos e mover a pelota con criterio ata atopar lanzamento, unhas veces con maior acerto cara gol e outras con menos, pero en posicions claras. De este xeito e con un Luceros superior chegouse o descanso con 11-19.

Na segunda parte a dinámica foi a mesma. A defensa local víase superada en numerosas ocasions, na mayoría dos casos debido a superioridade física do rival. No ataque viuse unha mellora no xogo, non sempre acompañada co premio do gol. A partir de ahí o partido non variou o seu curso ata rematar co resultado de 20-36.

GARAYSA XIRIA 20 (11+9) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García (2), Alberto Rodríguez (4), Pedro Porteiro, Samuel Regueira, Ángel Viña (4), Samuel Veiga (1), Erik Vázquez (2), Pablo Veiga (3), Xurxo Fraga (3), Miguel Cambón(1).

LUCEROS 36 (19+17) Breixo Núñez (5), Hugo Caballero, Manuel Magdaleno (6), Diego Soage (1), Carlos Menduiña (4), Manuel Soliño (2), Pablo Fernández (6), Eloy Pérez (3), Mauro Alevedo, Rodrigo Camaño (6), Raul Marcial, Roque Díaz (2).

Próximo partido

Máis sobre isto