O Goldie Xiria imponse no primeiro derbi da tempada.

Non foi o mellor encontro para as bergantiñás, que conseguiron os dous puntos ante o Camariñas pola actuación da segunda metade, onde souberon elevar o ritmo de xogo e encaixar unicamente 4 goles.

Empezou mellor o equipo local, con moita forza e carácter, como nos ten afeitos en todos os partidos as de Camariñas, que co paso dos minutos; o desgaste físico permitía ao Goldie tomar o control no marcador. Non así no xogo, que non estaba a ser o adecuado para un partido que esixía máxima tensión.

Ao descanso chegábase con 12 a 14.

Na continuación, o mellor estado físico das de Carballo e o cambio de sistema defensivo axudaba para sentenciar un partido cun parcial de 1 a 7, ao que as de Camariás non souberon reaccionar. Destacar o debut en partido oficial da pivote xuvenil Eva Facal; que xogou os últimos instantes do encontro.

A semana que vén o Goldie Xiria recibe ao A.D. Carballal no Vila De Noia.

Incidencias: Partido disputado no pavillón O Areal ante uns cen de seareiros que estiveron moi animados. Colexiados: Gabriel Folgoso e Henrique Folgoso. Permisivos coas continuas protestas do equipo local, que acabaron con dúas exclusións; polas seis exclusións do Goldie Xiria. 7 metros:  Encaixe Camariñas 4/7 // Goldie Xiria 3/3

ENCAIXE CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 16 ( 12 + 4 ): Ángela Moreira, Paula Pérez, Ana Barreiro, Miriam Pensado (2), Cristina Blanco (2), Nerea López, María Oanes (3), Maimouna Thiamthiam (7), Támara Cabrejo, Minia Calvo (1), Águeda Ántelo (1), Marta Canosa.

GOLDIE XIRIA 25 ( 14 + 11 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena (4), Alba Rodríguez (3), Natalia Solís (3), Eva Facal, Mina Ribullén (2), Aida Vizcaíno (2), Jessica Posse (3), Saray Couto, Elena Segade (7), Sheila Ferreiro, Raquel Gómez (1).