Táboas entre Goldie Xiria e Atl. Guardés

Un partido sen alicientes competitivos, o xogado no Vila de Noia o sábado pola tarde. Os dous conxuntos xóganse a honra do terceiro e cuarto posto.
O partido que foi de máis a menos en canto a intensidade e xogo. O Goldie saíu ao partido, moi ben. O xogo de ataque era fluído e todas as xogadoras participaban das combinacións. A defensa ben axustada permitiu establecer unha lixeira vantaxe ás carballesas. Pero uns desastrosos 15 minutos de ataques, nos que se atascaron e non conseguiron marcar gol; permitiu ás visitantes merterse no partido. A desesperación por non marcar goles; fixo que o equipo baixase o ton defensivo; o que aproveitou Guardés para poñerse por diante. Espertou a tempo o Goldie, que cunha xogadora menos conseguiría remontar de novo. Ao final xusto empate entre os dous equipos, que xogarán a volta a semana que vén.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila De Noia ante un centear de seareiros. Colexiado: José Henrique Folgoso e Wallace Moreira do colexio galego.

GOLDIE XIRIA 20 ( 11 + 9 ): Nadia Vázquez [p], Juana Garrochena, Alba Rodríguez, Natalia Solís, Soraya Martínez, Támara Pombo, Jessica Posse, Saray Couto, Elena Segade, Sheila Ferreiro, Sandra Santos.

MECALIA ATL. GUARDÉS 20 ( 8 + 12 ): Rebeca Vicente, Paula Vicente, Nerea Capón, Olaya Rodríguez, Judith Ramos, Cristina Barbosa, Elsa González, Laura Alonso, Sara Pacheco, Iria Piñeiro, Maria Doiro, Raquel Lorenzo, Beatriz Estévez.