Boa xornada en alevín BM5 e BM7

Telepizza Carballo Xiria – BM. Camariñas A

= 12 – 4

= 13 – 5

= 12 – 3

= 9 – 0

Telepizza Carballo Xiria: Alex Tato, Andrés Pedreira (3), Manuel Rey (20), Manuel Pérez (12), Daniel Bello (7), Martín, Angel Villar (4).

Desde o inicio do partido, os xogadores do Telepizza Carballo Xiria mostrábanse superiores ao seu rival, presionando cada un a  saida do balón do equipo contrario e traballando ben a marcaxe en defensa, dificultaban as acción de ataque dos de Camariñas e mesmo conseguían interceptar moitos balóns que despois rematarían en gol. No ataque, o Telepizza non tivo maior problema e sempre foi moi superior nos demarques e no xogo con balón.

Laber Xiria – LK Xiria

= 5 – 16

= 10 – 4

= 9 – 11

= 11 – 3

Laber Xiria: Brais Suárez (6), Manuel García (2), Marcos Amarelle (4), Álvaro García (4), Nico (3), Hugo García (8), Maxi Díaz (8).

LK Xiria: Aday Gómez, Antón Pardiñas (1), Diego Barbeira (3), Henrique Traba (8), Lucas Amado, Manuel Muñoz (5), Miguel Cambón (12), Marcos Varela (5).

Encontro vibrante entre os dous conxuntos de Xiria que rematou en táboas, inda que os diferentes tempos, salvo o terceiro, foron de claro dominio para un ou outro conxunto, impoñendose os ataques as defensas de ambos.

En BM7, o Metalúrgica BB Xiria A, desplazouse o Domingo a Coruña para xogar o encontro aprazado fai 15 días fronte ao OAR. Os rapaces de Xiria conseguiron gañar o encontro por un resultado de 1-7, tan só cedendo un empate nos catro tempos do partido.