Os últimos minutos deslucen o estreo do Calvo Xiria

O encontro de cuartos de final da Copa Galicia que se celebrou no Vila De Noia o pasado sábado, deparou un vibrante espectáculo para o afeccionado ao balonmán, que só se viu embazado nos últimos dez minutos, momento no que os erros e as perdidas de balón sentenciaron aos locais.

O Calvo Xiria deu unha excelente imaxe nos primeiros trinta minutos e a pesar de levar só dúas semanas de preparación, dominou o choque de forma notable, impoñéndose no ataque á defensa 6:0 do conxunto de categoría superior. No outro area en cambio, a retagarda dos de Carballo, tamén en 6:0, colaboraba cun gran Iago Gómez baixo os paus e conseguía manter un bo nivel cunha alta intensidade nos contactos. O bo tono presentado polos verdinegros e o 17-14 ao descanso, non aseguraban o éxito final ante o gran conxunto do Rosal, pero as sensacións eran moi positivas neste segundo envite de pretemporada.

O Calvo Xiria dáballe ao partido un caracter preparatorio e por iso e a pesar das boas sensacións mostradas no primeiro tempo, na continuación, o técnico carballés optaría por analizar o comportamento do seu defensa alternativa, a 5:1. Aquí é onde comezarían a cambiar as tornas e mentres a retagarda dos bergantiñáns empezaba a dar signos de debilidade, a dos rosaleiros, tamén con cambio a 5:1, taponaban a fluidez mostrada polo Calvo Xiria no primeiros trinta minutos do seu ataque. Aínda que os visitantes conseguían adiantarse no electrónico no minuto 40, as igualadas foron a constante ata o 50, momento no cal as perdidas de balón e as malas decisións nos lanzamentos, daban ao traste con todo o traballo anterior. Cada perda convertíase nun contragolpe letal e así, en apenas 10´, a contundencia do parcial sería de 1-9 para finiquitar o encontro cun avultado 26-35 que non fai xustiza á realidade do mesmo.

Calvo Xiria: 26 (17+9). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Jorge Bouzas, Pablo Iglesias (4), Chimpo (3), Juanka (3), Iago Franco (1), Brais Puñal (1), Gabriel Castiñeiras (3), Enrique Pena, Manuel Méndez (3), Carlos Vilanova (3), Carlos García (4), Fran Rey, Alex Calvete (1), Julián López.
Acanor ATL. Novás: 35 (14+21). Roberto Rguez (3), Iago Flores, David García (4), Andrés Vila (2), Paulo Da Costa (5), Germán Hermida (4), Roberto Calvo, Pedro Iglesias (8), Adrián Boullousa (p), Iago Muiña, Kevin García (P), Carlos Rodríguez, Oscar Silva (1), Miguel Trigo, Manuel Martínez (4), Yago Alonso (2), Carles Asensio (2).
Parciais cada 5¨: 3-2/6-4/8-6/11-9/14-11/17-14/Descanso/19-17/19-21/22-23/25-26/26-30/26-35.
Colexiados: Pablo Barreiro e Pabl oTorreiro. Non tiveron o seu día, inda que non influiron no resultado final.
Incidencias: Cuartos de final da competición de Copa. Encontro celebrado no Vila De Noia carballes cunhas bancadas cheas de seareiros de ambos os conxuntos.