40 aniversario

Despois da boa acollida do partido do inicio da tempada, este Nadal estamos de volta!
Por iso, animámosvos a todos os ex-xogadores/as do club a que descolguedes as botas e veñades pasar unha xornada divertida e de lembranzas, pois 40 anos só se cumpren unha vez na vida!
E ademáis por unha boa causa xa que será un partido solidario en favor de Cruz Vermella Carballo.
Haberá unha recollida de productos de hixiene persoal (tanto infantil como para adultos)
Queremos celebralo con todos vós, pois formades parte desta historia que ao longo de 40 anos foi medrando e que ainda lle queda moito por percorrer.
Data: Venres 22 de Decembro
Lugar: Pavillón Vila de Noia
O partido dará comezo ás 19:00h (recoméndase estar cambiado ás 18:30)
Inscrición Partido das Lendas de Nadal 40 aniversario
Non faltes!