Inscrición Escolas

Aberto o prazo de preinscrición da tempada 2026/2027!

👉 Realizar inscrición en Cluber

A inscrición das Escolas Balonmán Xiria realizarase a través da plataforma Cluber. No momento da inscrición deberán introducirse os datos do/a titor/a e dos/as deportistas. No caso de inscribir varios irmáns, deberán engadirse desde a sección «Datos dos deportistas relacionados».

📅 Prazo de inscrición: ata o 31 de xullo.


Reserva de praza

A inscrición permite reservar a praza para a tempada 2026/2027 e realizar o pedido das novas equipacións oficiais. En caso de renuncia, este importe non será reembolsable.

Tras a inscrición poderás acceder a un enlace para seleccionar dorsal e talla de camiseta e pantalón para axilizar o pedido de equipacións. Os números de dorsais poderán reservarse por orde de inscrición e bloquearánse os xa seleccionados.

👉 Web para elección de dorsal e tallas


Modalidades de pago

⭐ Pago único (recomendado)

É a modalidade máis económica e permite obter un desconto respecto ao pago fraccionado.

Categoría Importe
Biberón / Prebenxamín 236 €
Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil 415 €
2º irmán/irmá (Benxamín-Xuvenil) 305 €

Pago fraccionado

Se o prefires, tamén podes dividir o pagamento da tempada en 10 mensualidades.

Categoría Inscrición Mensualidades Total
Biberón / Prebenxamín 100 € 10 × 15 € 250 €
Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil 150 € 10 × 29 € 440 €
2º irmán/irmá (Benxamín-Xuvenil) 150 € 10 × 18 € 330 €

Importante: Todos os importes mostrados nesta páxina corresponden ao prezo final e xa inclúen a tarifa de xestión aplicada pola plataforma Cluber. Non se aplicarán cargos adicionais durante o proceso de pagamento.


Que inclúe a inscrición?

  • Licenza federativa e seguro deportivo.
  • Participación en competicións e actividades da tempada.
  • Camiseta oficial verde.
  • Camiseta oficial branca.
  • Pantalón oficial.
  • Carné de socio/a para os titores/as do/a deportista.

Datas de cobro

  • Inscrición: realizarase uns días despois de completar a inscrición en Cluber.
  • Mensualidades: cargaranse automaticamente o día 6 de cada mes.

As mensualidades corresponden á forma de pagamento elixida e non aos meses efectivos de actividade deportiva.

  • Infantil, Cadete e Xuvenil: de agosto a maio (10 mensualidades).
  • Benxamín e Alevín: de setembro a xuño (10 mensualidades).

O pago realizarase exclusivamente mediante tarxeta bancaria a través da plataforma Cluber.


Descontos familiares

  • O desconto familiar aplícase exclusivamente ao segundo irmán/irmá.
  • O terceiro irmán/irmá terá a cota gratuíta, agás o recoñecemento médico, que deberá aboarse no momento da súa realización.

Información importante

  • Coa inscrición acéptase o Regulamento Interno para Familias e Deportistas de Escolas Balonmán Xiria. Ver regulamento.
  • Coa inscrición acéptase o Regulamento Interno da Federación Galega de Balonmán. Ver regulamento FGBm
  • Os/as deportistas con recibos pendentes doutras tempadas deberán regularizar previamente a súa situación.
  • Todos/as os/as xogadores/as deberán rexistrarse na plataforma MiSquad para activar o seguro deportivo e poder participar nas competicións oficiais. Acceder a MiSquad.

Horarios de adestramento

Horarios confirmados da tempada