Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Patrocina o Balonmán Xiria

O Xiria leva máis de corenta anos facendo balonmán en Carballo. Nove seccións, da escola ao sénior, e unha web que conta o que pasa en cada unha delas dende o ano 2000. Se a túa marca quere estar aí, isto é o que hai.

O que hai detrás

Deportistas
262da escola ao sénior
Equipos
23en competición
Socios
800detrás do club
Seguidores
12.000en redes
Subscritores
2.330en YouTube
Visualizacións
499.492do canal
Crónicas
4.549dende 2000
Vídeos
1.7621.901 horas
Retransmisións
1.187en directo
Partidos
1.266na tempada
Anos de arquivo
27sen cortes

Cifras a 1 de novembro de 2026.

Así se comparte un partido

Cada resultado e cada crónica xeran a súa propia imaxe. É o que sae cando alguén manda a ligazón por WhatsApp, e leva o logotipo de quen patrocina.

Exemplo de tarxeta de partido co logotipo do patrocinador

Os tramos

Patrocinador principal

  • Logotipo a cor e grande na portada
  • Na tarxeta que se comparte de cada partido e de cada crónica
  • Ficha propia con todas as noticias onde aparece a marca
  • Mención no calendario que as familias levan no móbil

Un só por tempada

Agora mesmo: Calvo

Patrocinador ouro

  • Logotipo a cor na portada
  • Na tarxeta de partido, por quenda co resto do tramo
  • Ficha propia

Patrocinador oficial dunha sección

  • Logotipo na ficha do equipo que patrocina
  • Na tarxeta de todos os partidos desa sección
  • No calendario suscribible desa sección
  • Ficha propia

Ata nove, un por sección

Agora mesmo: ER Renovables

Patrocinador prata

  • Logotipo na portada
  • Ficha propia

Colaborador

  • Logotipo na portada

Agora mesmo: A Bombonera, Aceites Abril, Asesoría Cervantes, Auga a Domicilio Bergantiños, Bercom, Carballo Deporte, Clínica Dental María Gómez, Clínica Veterinaria Gran Vía, Consello Superior de Deportes, Deporte Galego, Deputación da Coruña, Dequip, Familia Online, Gallega de Mallas, Garaysa, Gestagua, Grupo Lemaco, Herfraga, Hierros Varela Urbieta, Horbesa, Insplaber, Javi Teijeiro, Maquisaba, Montaxes Carballo, NON á violencia de xénero, Telepizza, Tubasys, Turismo de Carballo

O que se mide, mídese de verdade. Cada logotipo da web ten a súa propia páxina de saída, así que sabemos cantas persoas premeron nel e dende onde: da portada, da ficha do equipo ou da páxina dun partido. Non son estimacións.

E o tráfico non se merca: vén de xente de Carballo e da comarca que entra a ver como quedou o seu equipo, ou a buscar unha crónica de hai quince anos.

Falamos?

Fálao co club e buscamos o que encaixe.

Contactar co club

Quen está agora

Co apoio de