Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Escolas

Escolas de Verán Xiria 2026

Abrimos inscricións!

Campamento urbano onde disfrutaremos das mañás do verán nas instalacións do CEIP Fogar con balonmán, xogos, obradoiros, xornadas temáticas, deporte e moito máis!

Idades: nados entre 2014 e 2022

Horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas (agás festivos).

Madrugadorxs: opción de contratar o servizo de madrugadorxs desde as 08:00 horas con ou sen almorzo.

Datas: do 1 de xullo ao 31 de agosto

– Xullo (mes completo): do 1 ao 31 de xullo

– 1ª quincena de Xullo: do 1 ao 15 de xullo

– 2ª quincena de Xullo: do 16 ao 31 de xullo

– Agosto (mes completo): do 3 ao 31 de agosto

– 1ª quincena de Agosto: do 3 ao 14 de agosto

– 2ª quincena de Agosto: do 17 ao 31 de agosto

Prezos:

– Madrugadores sen almorzo: 27,50€/mes (14€/medio mes)

– Madrugadores con almorzo: 49,50€/mes (25€/medio mes)

Grupos: distribuídos por idades similares.

Actividades: adaptadas a cada franxa de idade. Entre outras: balonmán, sicomotricidade, multideporte, manualidades, obradoiros, xogos populares, festas temáticas…

Inscrición: ate o 22 de xuño

Pago: poderá facerse por transferencia bancaria ou con tarxeta. (No caso de pago con tarxeta, a plataforma Cluber aplicará gastos de xestión externos a Escolas Balonmán Xiria.)

INSCRICIÓNS PAGO CON TARXETA

INSCRICIÓNS PAGO POR TRANSFERENCIA

*NOVIDADE PRAZAS INCUSIVAS: Estamos estudando a posibilidade de habilitar prazas inclusivas no noso campamento de verán, con apoio adaptado para que todas as nenas e nenos poidan participar de maneira segura, acompañada e respectuosa coas súas necesidades.
Esta preinscrición é unicamente unha toma de contacto para coñecer cantas familias estarían interesadas e que tipos de apoio sería necesario prever. Non supón reserva de praza nin compromiso por ningunha das partes.
Se o programa segue adiante, contactaremos con vós para iniciar o proceso de inscrición formal.

PREINSCRICIÓN PRAZAS INCLUSIVAS