O Club Escolas de Balonmán Xiria comprométese a adoptar as medidas ao seu alcance para garantir a protección dos nenos, nenas e adolescentes (NNA) que participan nas nosas actividades deportivas. Queremos previr, detectar e actuar ante calquera situación de violencia ou risco, seguindo a Lei Orgánica 8/2021 e por iso non aderimos ao Protocolo de Protección de Nenos, Nenas e Adolescentes (NNA) fronte a Violencia no Deporte da Xunta de Galicia.

Dentro do concepto de violencia no deporte se inclúe maltrato físico, emocional, acoso, bullying, violencia sexual, ciberacoso e calquera comportamento que cause dano ou malestar.

Este protocolo establece a designación de unha persoa Delegada de Protección, es Escolas de Balonmán Xiria esa responsabilidade recae sobre o directivo do club Carlos Cambón Porteiro.

Tamén se establece un canle de comunicación seguro co Delegado de Protección a través do seguinte correo:  proteccioninfancia@balonmanxiria.com

O club tamén traballa nun programa de actividades preventivas, entre as que compre citar:

– Solicitar certificado negativo de delitos sexuais a todo o persoal que traballe con menores.

– Informar ao inicio da tempada sobre este protocolo.

– Difundir boas prácticas mediante charlas, cartelería e redes sociais.

– Establecer códigos de conduta.

– Vixilancia en vestiarios, desprazamentos e redes.

– Formación periódica.

Procedemento de actuación ante casos de violencia:

1. Protexer ao NNA.

2. Comunicar o feito.

3. Valoración e actuación segundo protocolo.

4. Seguimento e reincorporación segura.


Documentación e ligazóns: