Arranca a Campaña de Socixs 2025/2026
Xa estamos preparadxs para comezar unha nova e ilusionante tempada.
Gracias ao apoio das socias e socios, queremos seguir traballando e mellorando xuntxs para que a nosa base siga medrando e atopando no balonmán unha base para a súa formación deportiva e persoal.
Ano tras ano estamos a ver como a nosa familia medra e queremos agradecervos o voso apoio que é fundamental.
Para aquelas persoas que aínda non destes o paso, animámosvos a achegarvos a algún dos nosos partidos para desfrutar do ambiente tanto coas nosas categorías base coma cos equipos senior. De seguro que despois decidides convertirvos en xiriareirxs.
Grazas ao voso abono, medramos!


Poñemos en marcha unha promoción onde cada socio da pasada campaña que renove o carné e traia un novo socio para esta campaña 25/26, conseguirá un cupón de 5€ de desconto na compra de calquera producto ou servizo de Escolas Balonmán Xiria. Cada novo/a socio/a terá que indicar no formulario de alta, o nome do/a socio/a polo que ven referido. Promoción válida ata o 12 de setembro.*

Lembra que podes renovar o teu carné de socio desde a App de Cluber ou desde a súa web.

