O club
Open data
Estes son os datos cos que se constrúe esta web, publicados para quen queira facer algo con eles: unha gráfica, un estudo, outra páxina. Son os mesmos ficheiros que consumen as nosas propias páxinas, así que están sempre tan ao día coma o sitio. Non fai falta chave nin rexistro: descárganse e listo.
/datos/partidos.json· PartidosTodos os partidos rexistrados do club, de todas as seccións: data (hora de Carballo, sen fuso), competición, rival, marcador, pavillón e ligazón de emisión cando a hai. Desde 2021-22 no sénior.
id · data · categoria · competicion · competicionRotulo · equipo · rival · naCasa · escudo · escudoRival · golesXiria · golesRival · pavillon · streaming · fonte/datos/clasificacions.json· ClasificaciónsA táboa de cada competición na que xogamos, tal e como a publica a federación, actualizada cada tres horas cando hai cambios.
clasificacions[competicionId].filas: posicion · equipo · puntos · xogados · gañados · empatados · perdidos · favor · contra · diferenza/datos/elo.json· Elo do clubO rating Elo de cada sección, a súa evolución partido a partido e o rating dos rivais. É un Elo centrado no Xiria: só coñece os nosos partidos, e dío.
seccions[seccion]: elo · partidos · historial[] · rivais{}/datos/goleadores.json· Goleadores do séniorGoles, partidos e medias por tempada, das actas oficiais. Só o sénior: o individual das categorías de base non se publica, tampouco aquí.
tempadas[tempada][]: id · nome · goles · partidos · media · maximo/datos/persoas.json· O arquivo de persoasO índice do buscador de «A túa historia»: 686 persoas con anos, categorías e número de crónicas. As claves van abreviadas para que pese pouco.
s (slug) · n (nome) · a (alcumes) · d/h (de ano, a ano) · c (crónicas)/datos/version.json· Versión do sitioA marca de tempo do último despregue. É a que le o panel de redacción para saber cando chegou un cambio.
data
Licenza e condicións
Os datos publícanse baixoCreative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0): úsaos para o que queiras, tamén comercialmente, citando «Balonmán Xiria» como fonte. Os resultados e clasificacións proveñen das actas e táboas oficiais da RFEBM.
As datas van en hora de Carballo, sen indicador de fuso: son hora de parede e non deben converterse. O individual publícase só do sénior — o protocolo de protección á infancia do club cobre tamén estes ficheiros. Se algo non cadra ou necesitas outro corte dos datos, escríbenos.