Sala de prensa
Todo o que precisa un medio para contar unha xornada do Xiria: resultados, clasificación, forma dos equipos, cara a cara co rival, escudos e unha imaxe lista para redes. Sen rexistro e sen pedirllo a ninguén.
Como usalo
- Os textos automáticos pódense publicar tal cal ou reescribir. Non contén nada que non estea na folla de datos, que vai na mesma páxina para poder comprobalo.
- Os datos veñen da Real Federación Española de Balonmán. Cando un partido non ten acta dise expresamente: nese caso non hai goleadores nin parciais, só o resultado.
- As fotos e o escudo pódense usar libremente citando o club.
- Cada xornada ten a súa versión en JSON, e hai unfeed e un RSS para automatizar a recollida.
Xornadas máis próximas
- 4 – 10 de xaneiro2 partidos
- 14 – 20 de decembro1 partido
- 7 – 13 de decembro10 partidos
- 30 de novembro – 6 de decembro1 partido
- 23 – 29 de novembro9 partidos
- 16 – 22 de novembro20 partidos · 2 con resultado · con previa
- 9 – 15 de novembro18 partidos · 9 con resultado
- 2 – 8 de novembro16 partidos · 9 con resultado · con crónica
- 26 de outubro – 1 de novembro16 partidos · 8 con resultado · con crónica
- 19 – 25 de outubro14 partidos · 11 con resultado · con crónica
- 12 – 18 de outubro14 partidos · 12 con resultado · con crónica
- 5 – 11 de outubro12 partidos · 12 con resultado · con crónica
Hai 214 xornadas con datos. As máis antigas están en a páxina de partidos.
Sobre o club
O parágrafo de contexto que remata calquera nota. Actualízase nun só sitio.
O Balonmán Xiria, fundado en 1983 en Carballo (A Coruña), leva 43 anos facendo balonmán de base e de alto nivel na comarca de Bergantiños. Conta con 262 deportistas, 23 equipos e máis de 800 socios. Está recoñecido co Premio ao Xogo Limpo.
- Deportistas
- 262
- Equipos
- 23
- Socios
- 800
- Seguidores
- 12.000
- Crónicas
- 4.549
- Vídeos
- 1.762
Contacto de prensa en a páxina de contacto.
Banco de imaxes
Uso libre citando Balonmán Xiria. Só imaxes con persoas adultas como suxeito: as da grada quedan fóra polo protocolo de protección á infancia do club.
Ataque do sénior masculino no pavillón de Vila de Noia812×1214 · 211 KB · só webDescargar
Lanzamento en suspensión diante do escudo do club814×1218 · 149 KB · só webDescargar
O banquillo do sénior masculino durante un partido810×1220 · 228 KB · só webDescargar
Tempo morto do sénior feminino2646×1482 · 1213 KB · vale para imprentaDescargar
O escudo
Vectores oficiais, listos para imprenta. Escolle sempre a versión que dea máis contraste co fondo: a de cor nunca vai sobre verde. Non se redeseña, non se recolorea e non se deforma. Tamaño mínimo: 120 px de ancho en dixital, 18 mm en impresión. Por debaixo diso vai a icona, sen o texto.
Principal · a corSobre branco ou cor moi claraDescargar SVG
Negativo · brancoSobre verde, foto ou fondo escuroDescargar SVG
Monocromo · negroUnha tinta sobre fondo claroDescargar SVG
Icona · a corSen texto: para tamaños pequenos e usos alternativosDescargar SVG
Icona · brancaSen texto, sobre fondo escuroDescargar SVG
Icona · negraSen texto, unha tinta sobre claroDescargar SVG
Cor de marca: Verde Xiria #00922A · Verde Bosque #0E3B24. Os escudos dos rivais están en cada páxina de xornada.
Para automatizar
https://www.balonmanxiria.com/prensa/feed.json— JSON Feed 1.1 coas últimas xornadashttps://www.balonmanxiria.com/prensa/rss.xml— o mesmo en RSShttps://www.balonmanxiria.com/prensa/<xornada>/datos.json— o expediente completo dunha xornadahttps://www.balonmanxiria.com/datos/partidos.json— todos os partidos da tempadahttps://www.balonmanxiria.com/calendario/<seccion>.ics— calendario suscribible por equipo- Un bloque cos próximos partidos para pegar na túa web