A.Atl. Avilesina 24 – Calvo Xiria 20

O Calvo Xiria caeu derrotado en Avilés por 24-20 fronte ó A.Atl. Avilesina en encontro pertencente á 14ª xornada da 1ª División Estatal de Balonmán.

Mal partido dos carballeses que saíron ó Pavillón de La Magdalena cunha grande falta de actitude e excesivamente relaxados tanto en defensa coma en ataque. Proba disto é o parcial que lograron os asturianos nos primeiros minutos de partido (10-1 min 18) chegándose ó descanso co resultado de 17-8 a prol da Avilesina.

Melloraron as cousas na segunda metade, os homes de Juan Fernández saíron coa cara boa e cunha defensa excepcional lograron situarse con un marcador de 21-20 a falta de 5 minutos para o remate do encontro, incluso tiveron esa posesión para empatar pero unha perda de balón en ataque e a posterior exclusión dun xogador carballés rematou coas esperanzas de remontada do Xiria. Reseñar coma dato positivo a reaparición do capitán Martín trala súa grave lesión.

Aliñacións

Polo A.Atl. Avilesina: Fernando García, Garabaya ( 3 ), Sergio ( 4 ), Billy ( 4 ), Lucas ( 2 ), Fernando Conejo ( 3 ) e Camilo ( 5 ) –equipo inicial- Rivas ( 1 ), Espiñeira ( 2 ), David, Alexis e Pablo

Polo Calvo Xiria: Villa, Alberto ( 2 ), Mario ( 2 ), Fernando, David ( 9 ), Alex e Javi Zas ( 3 ) –equipo inicial- Víctor, Alfonso ( 1 ), Ofi, Marcos ( 5 ), Martín ( 2 ), Gvazava e Sergio

Marcador cada 5 minutos

1-0 / 4-1 / 7-1 / 10-2 / 14-5 / 17-8 / 17-11 / 19-13 / 20-14 / 20-17 / 21-19 / 24-20

Os colexiados cántabros Alonso Ruíz e Barquín Alonso non estiveron moi acertados na súa laboura castigando en exceso á defensa carballesa en comparación coa dos asturianos (8 exclusións para os homes do Xiria por tan só unha para os de Avilés).