Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Sénior masculino

A mala segunda metade condena ao Calvo Xiria

Calvo Xiria e Reconquista de Vigo enfrontábanse na xornada 4; estando igualados na clasificación. Un equipo visitante dos chamados a estar na parte alta; ante un Calvo Xiria que quere…

Calvo Xiria e Reconquista de Vigo enfrontábanse na xornada 4; estando igualados na clasificación. Un equipo visitante dos chamados a estar na parte alta; ante un Calvo Xiria que quere estar na pelexa. Pero os vigueses tiraron de galóns nunha segunda metade onde foron mellores diante dun Xiria que cometeu demasiados erros e precipitouse querendo ir pola vía rápida cando tan só perdía por 3 goles. Derrota da que ten que tratar de aprender rápido o Calvo Xiria, que necesita mellorar.

A primeira metade, marcada pola facilidade goleadora de ambos equipos ao comezo do partido, Orlando e Labartete, ao cabo máximos goleadores do encontro, tomaban a batuta en ataque. Unha pequena brecha no marcador chegou da man da primeira exclusión do partido que sufrío o Calvo Xiria, a diferenza creceu ata os 3 goles no minuto 18; pero no xogo 6×6, o equipo estaba cómodo, e endereitou a situación para chegar ao descanso 14 a 13. Tras o paso por vestiarios; o Calvo Xiria estaba en superioridade númerica; ainda que se viu superardo pola intensidade rival, e en 10 minutos o parcial era de 3 a 7.

Cun resultado desfavorable, as présas empezaron a aflorar, o ataque individualizado sen xogo colectivo e a defensa 6:0, partida; onde se perdeu a confianza nas axudas. O resultado final con diferenza de 6 goles é excesivo pero ante este tipo de equipos os erros páganse caros.

Calvo Xiria 28 – Balonmano Reconquista de Vigo 34

Calvo Xiria (14+14): Darío Calviño (p), Antonio Mato (p), Aarón Rodríguez (2), Gabriel Castiñeiras (5), David García, Pablo Veiga (3), Julián García, Diego Antelo, Orlando Salupassa (9), Jorge Bouzas, Mario Garcia de Searez (2), Carlos Varela, Diego Gago (2), Mario Cancela (3), Senén Garea (2), Edu Cousillas.

Balonmano Reconquista de Vigo (13+21): Pablo González (p), Yeray Simes (p), Alejandro Navarro (5), Iago Vidal (5), José Camiña (2), Alejandro Gómez, Javi Freijeiro, Sergio Altirriba, Pablo Garrido (7), Iago Rivas (2), Roberto Castro, Anxo Fontán (1), Agustín Franco (10), Ignacio Costas (1).

Árbitros: Jordan Suárez e Daniel Valdés.

Marcador cada 5 minutos: 4-5, 5-7, 8-10, 9-11, 12-12, 14-13, (descanso), 16-16, 17-20, 21-24, 23-27, 25-29, 28-34 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 4ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).

Próximo partido

Sénior masculino20:3019:30 en CanariasCampeonato estatal de primeira división masculina · Liga regular · Grupo A · Xornada 10
"CIUDAD DE TACORONTE" WSCAN LECOMAR 13 MAYO
CALVO XIRIA

Máis sobre isto