Álex Naya deixa o Calvo Xiria

O gardameta carballés Álex Naya, que era dúbida para continuar no plantel, deixa a disciplina do Calvo Xiria por mor da dificultade para compaxinar horarios laborais e horarios de adestramento.

Ademáis o xa ex-porteiro do Xiria recibiu unha oferta doutro club da 1ª Estatal que lle ofrecía flexibilidade cos adestramentos así como ter máis minutos e protagonismo no xogo para coller experiencia e mellorar, oferta que Naya aceptou polo que xogará esta campaña no OAR Coruña.

Dende o club, tanto directiva como o corpo técnico e xogadores lle desexamos a mellor das sortes nesta nova aventura deportiva.