ASESORIA SUEIRO XIRIA 29 – CAIXANOVA OAR 24

Asesoría Sueiro Xiria: Guillín, Cristophe ( 11 ), Joaquín ( 2 ), Gonzalo ( 9 ), Aitor ( 1 ), Alex ( 1 ), Manuel ( 2 ) – equipo inicial – Iago, Iván, Diego, Javier ( 2 ), Óscar ( 1 ), Anxo, Eloy.

Caixanova OAR: Roberto, Carlos ( 2 ), Nicolás ( 5 ), Jesús ( 3 ), Adrián ( 1 ), Alberto ( 3 ), Daniel ( 9 ), – equipo inicial – Víctor, Daniel, Yoel, Luis ( 1 ), Javier, Esteban, Antonio.

Colexiado: O colexiado Sr. Julio López repartiu erros e acertos para os dous equipos.

Parciais cada 5 min: 3-1 / 7-2 / 9-4 / 10-6 / 12-8 / 14-9 / 18-12 / 20-14 / 22-16 / 24-18 / 27-20 / 29-24

O Asesoría Sueiro Xiria acadou unha victoria ante o Caixanova OAR por 29 – 24.

Non foi un bo encontro o disputado no Pavillón da Zona Escolar por parte do Asesoría Sueiro. Pouco centrados en defensa na que se rompía fácilmente o esquema mais non debido ó tino do OAR senón que era motivado pola ansía de recuperar balóns que amosaron durante os sesenta minutos os xogadores carballeses. No ataque non houbo en ningún momento fluidez e as numerosas perdas de balón por parte dos dous equipos impediron ver un xogo combinativo a altura que se espera destes dous conxuntos chamados a quedar na parte alta da taboa clasificatoria.