BALONMANOPOLIS 34 – PROCASA XIRIA 30

Debido a que a federación alega que non teñen árbitros dispoñibles, este partido arbitrouno un rapaz cadete de balonmanopolis, e polo tanto non podemos mostrar a táboa de goleadores xa que non existe acta do mesmo. De todos modos diremos que polo xogaron polo:

ProcasaXiria: Ivan e Bisbi na portería, David, Luís, Brais e Antón como primeiras liñas e Joaquín, Miguel, Iago, Damián, Jorge, Heitor, Alex e Martín como segundas liñas.

Rematou a liga territorial na categoría infantil e fíxoo con máis pena que gloria para o equipo carballés do Procasa Xiria. O partido que se xogou en Culleredo non tiña ningunha transcendencia en canto ao que se refire a clasificación, xa que os de Carballo avantaxaban aos locais en tres puntos, co que xa estban definidas as súas posicións na táboa clasificatoria rematando o Balonmanópolis na 4ª praza e o Procasa Xiria na 3ª, tras OAR e Camariñas.

Pero o partido era importante para un equipo, o carballés que apenas mostrara en toda a liga dous ou tres partidos xogados coa atención e intensidade que se reclama neste deporte. Así foi que este partido non foi distinto á maioría dos anteriores e o Procasa Xiria nunca estivo por diante no marcador, carecendo en todo momento de intensidade, de entrega, de atención…, e amosando unha indolencia impropia de alguén que desexe ser competitivo. As defensas nunca estiveron por encima dos ataques e xogador local Jesús con 19 goles e o visitante David con 22 pasaron como apisonadoras polo pavillón de Tarrío.

O marcador final deixa nunha delicada posición ao Procasa que so foi capaz de sacar 3 puntos contra os equipos realmente competitivos desta liga fronte os nove puntos perdidos, algúns deles de forma estrepitosa. Difícil papeleta ten este equipo tanto a nivel individual como colectivo de acadar maiores retos se a súa actitude e intensidade en entrenamentos e partidos segue a ser nula.