BM. CISNE 21 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 25

19/02/2005 4ª XORNADA

BM. CISNE: Adrián, Jorge, Manuel ( 10 ), Nicolás ( 4 ), Eduardo ( 2 ), Alberto ( 1 ), Pablo ( 4 )– equipo inicial – Borja, Rodrigo, Alberto, Amadeo, Öscar, Roberto.

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Iván, Cuco ( 2 ), Queco ( 1 ), Hugo ( 1 ), Cristophe ( 7 ), Carlos ( 3 ), Rodrigo ( 1 ) – equipo inicial – Miguel Díaz ( 5 ) , Alex, Alberto, Aitor ( 1 ), Gonzalo ( 4 ).

O Asesoría Sueiro Xiria acadou unha victoria en Pontevedra ante o Cisne por 25 goles a 21, no descanso o resultado era de 11 – 10.

Entretido partido o disputado no Pavillón da Xuventude en Pontevedra entre dous conxuntos que estaban empatados a puntos, e que supón a primeira victoria dos carballeses lonxe do Pavillón da Zona Escolar nesta liga galega.

A primeira metade foi sempre moi igualada cun predomonio claro das defensas dos dous equipos que so encontraban facilidades para golear en contraataque. Sen embargo nos segundos trinta minutos o ataque carballés tivo mais fluidez e propiciado por este factor, unido a unha defensa que mantivo o seu nivel durante os sesenta minutos, chegou a victoria.

Cabe reseñar que os dous puntos caeron do lado do Xiria debido a actitude dos seus xogadores, que olvidaron os plantexamento individuais, que non estaban a dar os froitos buscados, para centrarse no conxunto e na aportación que cada un de eles ten que facer ó xogo do equipo para que este funcione correctamente.

A vindeira fin de semana o Xiria enfróntase ó Teucro, líder invicto, no Pavillón da Zona Escolar. ( Domingo 27 ás 12:00 horas ).

O colexiado Sr. Rafael García estivo correcto no seu arbitraxe.