BM. Portadeza-Lalín 21 – Calvo Xiria 21

O Calvo Xiria arrincou un empate na sempre dificil cancha do BM. Portadeza-Lalín (21 – 21). Os fallos en ataque e a gran actuación do porteiro lalinense Pedreira, conxuntamente coa desastrosa actuación arbitral que perxudicou ó cadro carballés, impediron que a excelente tarefa defensiva dos pupilos de Juan Fernández tivera mellor recompensa.

Aínda así a xornada tivo dúas boas novas para o Calvo Xiria, por unha banda produciuse o agardado debut do xeorxiano Gvazava unha vez solucionados os problemas entre o seu antigo clube e a Federación, e por outro lado hai que reseñar, tra-lo debut a pasada xornada de Álex, o estreno na categoría de Adrián Dubra, outro xove valor da canteira carballesa.

Aliñacións

– Polo BM. Portadeza-Lalín:

Pedreira, Diego ( 8 ), Roberto ( 2 ), Rubén ( 3 ), Gulías, Pincho ( 2 ) e Josiño ( 3 ) – equipo inicial – López ( 1 ), Aller ( 2 ), Gudi, Martín e Camilo.

– Polo Calvo Xiria:

Xurxo , Marcos ( 2 ), Fernando ( 6 ), David ( 3 ), Alfonso ( 1 ), Martín ( 6 ) e Ofi ( 2 ) – equipo inicial – Víctor, Mario ( 1 ), Javi Zas, Gvazava, Alberto, Sergio e Dubra.

 

Marcador cada 5 minutos

0-0 / 3-2 / 6-5 / 7-7 / 10-9 / 12-12 / 14-13 / 16-14 / 17-15 / 18-18 / 20-19 / 21-21

Os colexiados Sres. Pereiro e Méndez tiveron unha mala actuación.