Boas sensacións no Garaysa Xiria – Rasoeiro pese á derrota

RASOEIRO BM: 32 – GARAYSA XIRIA: 26

Os infantís do Xiria non puideron co Rasoeiro de O Grove no primeiro encontro disputado lonxe de Carballo, contra un rival máis feito e con máis corpulencia que soubo manexar o encontro con máis criterio ata levarse a vitoria.

O partido comezaba con pequenas vantaxes a prol dos locais que aproveitaron o desconcerto inicial do Garaysa para colocar o 4-2 no minuto 10. Foi necesario un tempo morto para realizar algúns axustes que pronto deron o seu froito, xa que no minuto 16 o marcador arroxaba un 7-8 tras varios contragolpes consecutivos do Xiria. Sen embargo os numerosos erros en lanzamentos claros dende 6m permitiron que o Rasoeiro chegara ao descanso gañando pola mínima, 14-13.

Tralo descanso os de O Grove saíron coas ideas moi claras en ataque e cun parcial de 9-4 en apenas 10 minutos puxeron o partido moi costa arriba para o Garaysa, que seguía errando demasiados lanzamentos claros. Con esta tónica foi imposible darlle a volta ao marcador pese a boa presión defensiva do Xiria na recta final do encontro.

Ao remate 32-26 nun encontro que deixa un sabor agridoce. Por unha parte a sensación de deixar escapar dous puntos contra un rival dun nivel similar e por outra vai quedando patente a progresión do equipo que co paso das semanas vai mellorando a pasos axigantados.

Rasoeiro Bm. 32 (14+18): Daniel (3), Iván (1), Jaime (4), Cristian, Rodrigo (6), Martín (6), Manuel (4), Brais (6), Juan (3), Adrián, Raúl I., Nicolás e Raúl T.

Garaysa Xiria 26 (13+13): Julio (portero), Xurxo, Brian, Pedro (3), Urbieta (6), Mario (2), Manuel, Alex (9), Iago, Adrián (3), Iker (1) e Franco (2).

Clasificación D.H. Infantil Masculino a día 07/10

Clasificación