Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BUEU ATL. 37 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 28

Bueu Atl. : 37 (15+22): Yeray, André (10), Simón (9), David (8), Alejo (2), Anxo (4), Alberto (1) -equipo inicial- Dario, Villegas, Manuel(3). Ifecgás Pereira Xiria: 27 (16+12): Zúpez, Álex…

Bueu Atl. : 37 (15+22): Yeray, André (10), Simón (9), David (8), Alejo (2), Anxo (4), Alberto (1) -equipo inicial- Dario, Villegas, Manuel(3).

Ifecgás Pereira Xiria: 27 (16+12): Zúpez, Álex (4), Miguel (2), Jorge Bouzas (7), Mario (1), Edu (2), Calvete (2) -equipo inicial- Ricardo (1), José (1), Mario Santiago (1), Javi (3), Anes (2), Viñas (2), Dani.

Colexiado: Francisco Soliño.

Xogaba o Ifecgás Pereira Xiria a derradeira xornada da Copa medíndose ao Bueu a domicilio.

As ausencias dos de Carballo eran moi notables, xa que casi non contaba con ningún dos xogadores da primeira liña e con outros xogadores importantes, úns por lesión ou enfermidade, como Martín e Rubén, e outros por estar convocados co equipo senior, David. Ata Miguel, que tan só aguantou en pista primeiros dez minutos do encontro, debido a un golpe que tivo antes do inicio do encontro. Aínda e todo, prevíase un partido sinxelo para os de Xiria, xa que na pista estaban dous equipos chamados a loitar este ano por obxectivos totalmente opostos,,os de Bueu por non descender e os de Carballo por conquistar o campionato galego.

Pero no día de hoxe, o equipo que deu unha lección de intensidade, loita, coraxe e competitividade foi o bueuense e simplemente con iso chegoulle para impoñerse, e de que forma a un Xiria falto de todos eses valores que nomeamos.

A primeira metade foi tremendamente igualada e, aínda que o balonmán deixaba moito que desexar nos dous equipos, a maior calidade dos bergantiñáns chegaba para retirarse ao descanso cun marcador a favor de 15-16.

A reanudación foi de loucura e o Ifecgás Pereira baixaba os brazos de maneira sorprendente para deixarse levar pola inercia dun equipo sempre combativo, o de Bueu. As defensas non existian, os goles sucedíanse un tras outro e os erros non forzados falaban ben ás claras da falta de concentración que presentaba hoxe o equipo visitante.

Un parcial escandaloso levaba aos locais a apuntarse un tanteo de 22-12 na reanudación que á postre deixaría un resultado de 37-28 a prol do Bueu.

A semana que ven, comenza a liga regular de División de Honra e o Ifecgás Pereira xogara na Coruña fronte ao OAR. Agora xa empeza o verdadeiramente importante e os de Carballo terán que cambiar de forma rotunda a sua imáxe se queren impoñerse ao equipo oarista.