C.B. VIVEIRO 6 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 44

10/12/2003 3ª XORNADA

C.B. VIVEIRO: Dimas, Alejandro Tasende, Alejandro Mariño(5), Adrián, Rubén, David Villares, Rubén Rodríguez(1), Sergio, David Reg, Eduardo, David Rodríguez e Jacobo.

IFECGAS PEREIRA XIRIA: Cristophe(8), Rubén(1), Anxo(6), Aitor (3), Gonzalo, Rodrigo(14), Iván, Javier(5), Iago e Álex(7).

O partido non tivo historia, cun equipo, o Ifecgas Pereira Xiria, que mostrou a súa superioridade ó longo de todo o encontro e que, a medida que pasaban os minutos ía aumentando as diferencias, gracias sobre todo a súa forte defensa, que lle permitía marcar goles en contraataque con suma facilidade.

A nota negativa foi a pequena lesión de Gonzalo Pombo que sufriu un golpe nunha man ó comezo do encontro que só lle permitiu xogar 5 minutos. A pesar de non revestir demasiada importancia, o seu adestrador decidiu reservalo de cara ó apaixonante encontro que se disputará o vindeiro Sábado 13 de decembro, ás 12:00h no pavillón da zona escolar, e que enfrontará ó equipo local, primeiro na clasificación, contra o Oar Deportes Cimáns A, segundo e empatado a puntos cos carballeses.