CAIXANOVA OAR 24 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 23

Caixanova Oar (8+16) 24: Roberto, Víctor (7), Carlos Garvín (7), Mahía (5), Carlos Pereiro (2), Daniel Angeriz e Yoel (3) – equipo inicial –Jorge, Francisco, Javier Rey e Daniel López.
Asesoría Sueiro Xiria (10+13) 23: Iago, Díaz (1), Joaquín (11), Manuel (4), Iván (1), Ramón (2) e Puente – equipo inicial –Guillín (p.s.), Ricardo (2), Eloy (2), Óscar, Juan, Javier e Norberto.
Árbitro: Fernando Eiras e Iago García. Mal.
Incidencias: Encontro correspondente á 8ª Xornada do Campionato Galego Xuvenil Masculino disputado no Pavillón de San Francisco Javier na Coruña ás 12:00 con case 100 espectadores nas bancadas.

O Asesoría Sueiro Xiria necesitaba gañar para seguir tendo opcións nesta Liga Galega, na visita que rendía o domingo á cancha do Caixanova Oar, nun derbi que se presentaba tan igualado como de costume.

Os primeiros minutos foron de dominio do Xiria, algo inusual nos seus partidos como foráneo nesta Liga Galega, chegando a acadar vantaxes de 4 e 5 tantos. Pero a partires do minuto 15 de partido os visitantes sumíronse nun colapso no xogo ofensivo, que salvo accións puntuais se mantivo ata o descanso, onde aínda conservaban unha renda de dous goles (8-10).

No comezo do segundo tempo os locais igualaron o encontro aproveitando a inferioridade do Xiria, pero novamente se restableceu a diferenza a favor dos carballeses que se marcharon de novo de dous goles. Desaproveitaron os visitantes moitos lanzamentos claros neste período que lles impediron irse no marcador. Por contra o Oar aproveitaba calquera erro da defensa do Xiria e deste xeito chegou a igualar de novo o encontro nos últimos minutos e conseguiu unha mínima renda que xa sería definitiva.

A vindeira semana o Asesoria Sueiro Xiria recibe ao Cangas, o segundo clasificado da liga, que é o equipo máis en forma da competición, xa que encadea cinco victorias consecutivas, e que ven de derrotar ao líder, o Lavadores por once goles de diferenza, sendo a primeira derrota dos vigueses nesta Liga Galega. O Asesoria Sueiro Xiria tentará ofrecerlle a victoria aos afeccionados neste último partido da Liga Galega en Carballo.