CAIXANOVA OAR 30 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 29
Caixanova OAR: Alejandro, Iago (5), Andrés (1), Juan (5), Rodrigo (9), Denis (2) e Martín (3) –equipo inicial- Alberto, Jacobo, Jorge (2), Marcos (2), Ramón, Martiño (1) e Álvaro. Ifecgas…
Caixanova OAR: Alejandro, Iago (5), Andrés (1), Juan (5), Rodrigo (9), Denis (2) e Martín (3) –equipo inicial- Alberto, Jacobo, Jorge (2), Marcos (2), Ramón, Martiño (1) e Álvaro.
Ifecgas Pereira Xiria: Naya, Zas (3), Diego (6), Iván (8), Borja, Pombo (8) e Dani (1) –equipo inicial- Mecías, Óscar, Boti (3), Andrés, Néstor e Rodrigo.
Colexiados: José A. Moreira e Raquel Lloria. Nefasta arbitraxe, aínda que non influiron no resultado final.
O Ifecgas Pereira Xiria debutou no Campionato Territorial Cadete Masculino cunha sorprendente derrota na pista do OAR.
O Ifecgas Pereira Xiria, que fora tremendamente superior ao OAR nas dúas confrontacións amistosas celebradas hai un mes (apabullando aos coruñeses por dez e vinte goles), fixo que lembráramos vellos fantasmas do pasado e saiu derrotado no primeiro partido de liga no pavillón oarista. Os carballeses nunca xogaron ao que anteriormente demostraran saber. A súa defensa era blanda, indolente e sen intensidade; o seu contraataque, letal noutros momentos, atascábase neste encontro con continuas perdas de balón no pase e recepción, como se se tratase dun equipo alevín. O ataque posicional tampouco era fluido, os xogadores estaban estáticos, o balón non circulaba con rapidez e os erros de lanzamento estaban a ser clamorosos. A pesar desta circunstancia, a diferencia de calidade entre os dous equipos facía que o Ifecgas Pereira Xiria sempre fose por diante no marcador, cunha diferenza de dous e tres goles que na metade da segunda parte ampliabase a catro. Facíase impensable a derrota carballesa, pero os coruñeses foronse acercando no marcador grazas aos erros en lanzamentos francos dos xogadores de Carballo. Así foi que, a dous minutos para o final, o OAR conseguía poñerse por diante no marcador e xa non abandonaban o mando do partido ata o final e sorprendente 30-29.