CAIXANOVA OAR 42 – VIPECÓN XIRIA 40
FINAL COPA FEDERACION Caixanova OAR: 42 (20+22): Jairo, Gonzalo (8), Miguel (4), Dani (2), Sarasola (6), César (3), Ángel (9) -equipo inicial- Alberto, Puga, Rodrigo, Julio (3), Jorge (3), Alvaro,…
FINAL COPA FEDERACION
Caixanova OAR: 42 (20+22): Jairo, Gonzalo (8), Miguel (4), Dani (2), Sarasola (6), César (3), Ángel (9) -equipo inicial- Alberto, Puga, Rodrigo, Julio (3), Jorge (3), Alvaro, Jaime (4).
Vipecón Xiria 40 (22+18): Igor, David (10), Miguel (8), Martín (3), Rubén Gómez (4), Edu, Calvete -equipo inicial- Jorge Bouzas (2), Luís, Bisbi, Javi (1), Rubén Anes, Tuku (3), Jorge Viñas (9).
Colexiados: Andrés Rosendo e Pedro Eiras.
Disputouse no pavillón coroñés da Sagrada Familia a final da Copa Federación correspondente á categoría cadete de División de Honra, na que se vían as caras, por terceira vez na tempada, o Caixanova OAR e o Vipecón Xiria, campión de liga e terceiro clasificado respectivamente e os dous conxuntos que mellor balonmán practicaron ao longo deste curso.
Con estas premisas prevíase un encontro intenso, emocionante e espectacular. E o choque non defraudou as expectativas xeradas. Xa dende o incio os dous equipos se amosaban contundentes e intensos, desplegando un xofo rápido e vistoso con moitas mostras de calidade. Os ataques impuxéronse de xeito incontestable sobre as defensas, de aí que as bancadas puideran disfrutar dun espectáculo extremadamente dinámico. Os veloces contragolpes, tanto en primeira como en segunda oleada, permitían que os do Vipecón dominaran o electrónico na primeira metade, No intermedio o marcador reflectía un 20-22 a prol dos de Carballo que antollaba un segundo acto igual de vibrante, intenso e emocionate.
E a segunda metade tampouco defraudou. Foi vibrante e chea de tensión. Os locais conseguían voltear o marcador nos primeiros compases e superaban aos de Carballo en dous goles. A vantaxe seguía crecendo en cuestión de poucos minutos e parecía que o partido caería definitivamente cara o bando coruñés, pero, de novo, os do Xiria sacaron a súa calidade, o seu empuxe e a súa rapidez para voltar a igualar o partido a falta de cinco minutos para o remate. Pero os últimos minutos do foron dos do OAR, que demostraron unha excelente calidade nos seus homes á hora de asumir a responsabilidade.
O definitivo 42-40 deixa na memoria de todos outro gran partido entre estes dous equipos que saíron ovacionados do pavillón da Sagrada Familia. Dous planteis que contan nas súas filas con algúns dos mellores xogadores galegos da categoría, de feito no pavillón coruñés podíanse contar ata tres xogadores convocados de forma asidua pola selección nacional promesas.
Excelente a tempada realizada polo Vipecón Xiria, tanto na liga regular como na competición copeira, practicando o mellor balonmán da categoría xunto co OAR.