CALVO XIRIA 19 – GAEVA2000-BUEU AT. 25

Calvo Xiria: Quique, Alberto (4), Chimpo, Dubra , Alfonso, Marcos (2) e Javi Zas (5) –equipo inicial- Víctor, Carlos (1), Nahuel (2), Pablo, Hernán, Carlos (2) e Queco.

Gaeva2000-Bueu At.: Marcos, Oliver (9), Pablo Casal (4), Moncho (3), José Carlos (5), Carlos (2) e Víctor –equipo inicial- Kustov, David, Dozo e Alberto (2).

Colexiados: Mala actuación dos árbitros Pérez e Sáenz do colexio rioxano.

Parciais cada 5 min: 2-1, 3-2, 5-5, 5-7, 8-8, 10-10, 11-13, 13-16, 14-17, 16-20, 18-20, 19-25

O Calvo Xiria caeu derrotado na súa cancha ante o Gaeva2000-Bueu At. por 19-26.

Voltaban ao municipal carballés o adestrador Javier Barrios e o lateral Pablo Casal, dous vellos coñecidos da afección do Xiria, e non o puideron facer con mellor pe levándose os dous puntos a terras pontevedresas.

Partido moi igualado, sobre todo na primeira metade onde as fortes defensas de ambos equipos impúñanse aos ataques do adversario e as vantaxes oscilaban entre un e dous goles de renda para ambos equipos, chegándose ao intermedio con igualdade no electrónico 10-10.

Na segunda metade foi cando os bueuenses romperon o encontro, en gran parte gracias a actuación do seu meta Kustov que detivo tres penaltis de maneira consecutiva permitindo ao equipo de Javier Barrios abrir unha brecha no marcador que souberon conservar ata o remate do encontro.