Calvo Xiria 23 – Bm. Porriño Veigalar 19

O Calvo Xiria sumou un novo trunfo, desta volta a costa do Bm. Porriño Veigalar, ó que derrotou na tarde do Sábado por 23-19 en encontro pertencente á 24ª Xornada da 1ª División Estatal de Balonmán.

Con esta victoria o conxunto carballés sitúase na 5ª praza da táboa clasificatoria.

O partido comezou mal para os de Juan Fernández que, sen ideas en ataque e cunha frouxa defensa, encaixaban un parcial inicial de 2-6 que obrigou ó técnico carballés a pedir un tempo morto. Á volta deste tempo morto comezaron a cambiar as tornas e os de Carballo comezaron a defender mais duro e a atacar con maior claridade facéndolle encaixar ós de Porriño un parcial de 11-2 chegándose ó descanso con cinco goles de renda a prol do Xiria, 13-8. Destacar nesta primeira metade a gran actuación do porteiro carballés Víctor.

No recomezo, voltaron a saír descentrados os locais e os de Porriño comezaron a reducir as diferencias no electrónico chegando incluso a poñerse a tan só dous goles, pero nunca lograron inquedar ós carballeses nesta segunda metade, aínda que os colexiados, cunha correcta actuación na primeira metade e espantosa na segunda, se empeñaron en que se producise un marcador mais axustado.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria: Villa, Mario ( 6 ), Ofi ( 3 ), Marcos ( 2 ), Martín ( 3 ), Gvazava ( 4 ), David Silván ( 1 ) -equipo inicial- Víctor, Álex, Alberto ( 2 ), Dubra ( 1 ), Javi Zas, Alfonso ( 1 ) e Sergio.

– Polo Bm. Porriño Veigalar: Campo, Adolfo ( 6 ), Veloso ( 2 ), Fran ( 2 ), Abel, Rubén ( 3 ), Elexpuro ( 1 ) -equipo inicial- Vega, Paulo, Gonzalo ( 2 ) e Jonathan ( 3 )

Marcador cada 5 min.

1-3 / 3-6 / 4-6 / 7-6 / 9-7 / 13-8 / 13-11 / 15-13 / 19-14 / 20-16 / 21-18 / 23-19

Os colexiados madrileños Sres. Guisado González e Soriano Gil tiveron unha correcta actuación na primeira metade e horripiante na segunda.