O Calvo Xiria e o Bm. Portadeza-Lalín protagonizaron un encontro moi igualado no que foron unhas constantes as alternativas e as vantaxes mínimas no electrónico a prol de ambos conxuntos.
Os dous equipos amosaron unhas defensas moi fortes e duras, na liña que soe ser habitual nos enfrontamentos entre dezanos e carballeses. Os locais chegaron os derradeiros intres do encontro con vantaxe no marcador pero non foron quen de remata-la faena con varias imprecisións en ataque que posibilitaron que se producise o empate final. O arbitraxe tampouco axudou en nada ós de Carballo que se viron claramente prexudicados na segunda metade con decisións cando menos estrañas que fixeron que os homes de Juan Fernández se desquiciasen por momentos.
Aliñacións
– Polo Calvo Xiria: Villa, Miguel, Mario ( 6 ), Alfonso ( 2 ), Marcos ( 2 ), Martín ( 5 ), Fernando ( 6 ) –equipo inicial- Kike, Nando, Ayllón, Álex (1), Pablo ( 1 ), Javi e Sergio ( 4 ).
– Polo Bm. Portadeza-Lalín: Pablo, Carlos, Pincho ( 13 ), Rubén ( 3 ), Gulías, Granja e Diego ( 4) –equipo inicial- Durán, Hermida, Gustavo, Tonio ( 1 ), Budi, Martín e Álex.
Marcador cada 5 minutos
2-2 / 3-5 / 6-7 / 8-9 / 11-12 / 14-15 / 16-18 / 18-19 / 21-20 / 22-23 / 25-24 / 27-27
Os colexiados casteláns Martínez Peña e Ruíz Coto non estiveron moi atinados, cousa por outra banda, bastante frecuente cando arbitran ós carballeses.