CALVO XIRIA 32 – BUEU ATLÉTICO BALONMÁN 26
O Calvo Xiria non perdoou e derrotou por 32-26 ó Bueu Atl. Balonmán nun partido que dominou en todo momento e que foi aplaudido por uns cincocentos afeccionados. Mal pintaban…
O Calvo Xiria non perdoou e derrotou por 32-26 ó Bueu Atl. Balonmán nun partido que dominou en todo momento e que foi aplaudido por uns cincocentos afeccionados.
Mal pintaban as cousas para os locais que ademais da lesión de Tom tiñan, a Fernando cunha forte contractura no lombo da que foi tratado xusto antes do inicio do choque. Nembargantes a sabia dirección de Orge conducía á continua perforación da meta visitante. O traballo de Marcos e Suso daba coma froito o asubío de numerosos lanzamentos de sete metros nos que Jordi Escudero está a pulverizar todos os rexistros, neste envite foron dez de dez e na pasada xornada oito de oito. Todo un seguro de vida. Unicamente os golazos de Milucho mantiñan no partido ós de José Chan. Resultado ó descanso 13-11
A segunda metade deparou varias cousas, por unha banda os carballeses melloraron notablemente a actitude defensiva e por outro lado os colexiados aplicaron o regulamento con firmeza diante da brusquidade defensiva dos de Bueu o que levou ós dez minutos a unha descualificación e unha exclusión case consecutivas que á súa vez derivaron nas airadas protestas do adestrador e Milucho sendo tamén sancionadas. O resultado foi que por uns momentos só había tres xogadores visitantes sobre o parqué. Son os riscos que se corren practicando este tipo de defensa. Dende ese punto ó remate da contenda os de Javier Barrios limitáronse a administrar unha renda que lles era máis suficiente. Completísimo o traballo realizado de todo o cadro de Carballo.
Aliñacións
Polo Calvo Xiria: Xurxo, Marcos ( 4 ), Fernando ( 3 ), Quique ( 4 ), Jordi ( 15 ), Martín ( 2 ) e Mario ( 2 ) – equipo inicial – Víctor, Suso ( 1 ), Ofi ( ), Pablo ( 1 ), Javi Zas ( ), Alberto ( ) e Tom ( ).
Polo Bueu Atl. Balonmán: Román, Alberto ( 1 ), Juanjo ( 1 ), Milucho ( 10 ), Herbello ( 7 ), Durán ( 1 ) e José ( ) – equipo inicial – Castro, Marcos ( ), Aurelio ( ), Oliver ( 3 ), Cabanelas ( 3 ), Menduíña ( ) e Soliño ( ).
Marcador cada 5 minutos: 3-2 / 4-2 / 8-5 / 8-8 / 10-8 / 13-11 / 16-13 / 18-16 / 25-17 / 28-19 / 29-23 / 32-26
Os colexiados Sres. Marcos e López tiveron unha dura tarefa debido á defensa practicada polos visitantes que protestaron durante todo o encontro as súas decisións.
ACTA Nº: 2.002-2.003.04.02.03.02
Temporada 2.002-2.003
Fase 04 PRIMERA ESTATAL MASCULINA
Grupo 02 GRUPO «A»
Jornada 03 – JORNADA 03
Partido 02 – PARTIDO 02
Fecha 12-10-2002
Hora 19:00
Resultado 32 – 26
Arbitros 2066 JUAN JOSE MARCOS ARANDA
2062 EMILIO LOPEZ CASTELLANOS