CALVO XIRIA 33 – FADESA O.A.R. LA CORUÑA 33

O Calvo Xiria deixou marchar un punto ó empatar 33-33 ante o Fadesa O.A.R. nun encontro marcado pola actuación arbitral e que fixo vibrar ós preto do 600 afeccionados que se deron cita na cancha carballesa.

Presumíase igualado o derbi coruñés e non defraudou. Na primeira metade os ataques predominaron sobre as defensas, tónica que se mantería nos sesenta minutos, saíndo os de Barrios favorecidos e levando sempre a dianteira dado o estado de gracia de Jordi, Martín e Marcos. No recomezo os carballeses puxeron rapidamente terra de por medio obrigando a Pablo Aguirregabiria a solicitar un tempo morto cando transcorreran sete minutos. Foi nese momento do partido cando os colexiados comezaron a asubiar unha serie de accións incomprensibles para os dous conxuntos. Un dato, 12 exclusións e catro descualificacións que converteron o choque nun verdadeiro esperpento do que finalmente se aproveitaron os de A Coruña empatando nos últimos segundos.

Aliñacións
Polo Calvo Xiria: Xurxo, Marcos ( 5 ), Fernando ( 5 ), Quique ( 1 ), Jordi ( 14 ), Martín ( 6 ) e Mario ( 2 ) – equipo inicial – Víctor, Suso ( ), Ofi ( ), Pablo ( ), Javi Zas ( ), Alberto ( ) e Tom ( ).
Polo Fadesa O.A.R.: Óscar, Juanjo ( 5 ), Mateu ( 1 ), Carrera ( 4 ), Iago Acuña ( 10 ), Aimar ( 4 ) e Nano ( 2 ) – equipo inicial – Alonso, Reig ( 6 ), Cillero ( ), Razola ( 1 ), Montoya ( ), Carlitos ( ) e Ángel ( ).

Marcador cada 5 minutos: 1-1 / 5-4 / 9-7 / 12-9 / 14-13 / 18-16 / 20-17 / 24-19 / 25-21 / 27-23 / 29-26 / 33-33

Os colexiados Sres. Martín e Sanz non estiveron á altura estragando o espectáculo que se estaba a ver no parqué.

ACTA Nº: 2.002-2.003.04.02.07.04

Temporada 2.002-2.003
Fase 04 PRIMERA ESTATAL MASCULINA
Grupo 02 GRUPO «A»
Jornada 07 – JORNADA 07
Partido 04 – PARTIDO 04
Fecha 09-11-2002
Hora 19:00
Resultado 33 – 33
Arbitros 2161 JOSE LUIS SANZ AGUADO
2160 PABLO MARTIN DE LA TORRE