Carballo gozará co sector estatal xuvenil das mans de Escolas Balonmán Xiria

A Federación Española de Balonmán ven de conceder a organización do sector “A” do Campionato Estatal Xuvenil Masculino a Escolas Balonmán Xiria, no que é un novo recoñecemento ao traballo que ven desenvolvendo dende a súa fundación o club carballés. Non é nada sinxelo ser sede para os equipos que rematan en segunda posición das súas ligas, pero a traxectoria de Escolas Balonmán Xiria e a súa capacidade organizativa vense premiadas deste xeito. Dende logo que actividades coma o Carballo Handball Festival de hai unha semana axudan, e moito, á hora de poder presentar candidatura seria e fiable a eventos federativos. Os participantes que pasarán polo Concello de Carballo serán: R.G.C. Covadonga (1º clasificado de Asturias), Semillas KWS Balopal (2º clasificado de Castela e León), Indupime Basauri (3º clasificado de Euskadi), e o conxunto local LABER XIRIA (2º clasificado de Galicia).

Temos que agradecer a nais, pais e seareir@s o pulo constante que son para o club, facendo que o nome de Escolas Balonmán Xiria creza tempada a tempada no balonmán español. Non nos esquecemos tampouco de patrocinadores, colaboradores e institucións que se atopan detrás do noso proxecto.