Carlos Vilanova volverá a ser fundamental no extremo
Carlos Vilanova García (Carballo 1999) continúa no club de Carballo. O extremo zurdo, aínda en idade xuvenil polo que compaxinará o equipo sénior co xuvenil, foi unha das revelacións da…

Carlos Vilanova García (Carballo 1999) continúa no club de Carballo. O extremo zurdo, aínda en idade xuvenil polo que compaxinará o equipo sénior co xuvenil, foi unha das revelacións da liga a pasada campaña, disputando gran parte da tempada co Calvo Xiria cando aínda era xuvenil de primeiro ano. Extremo cunha extraordinaria capacidade de definición no lanzamento e moita rápidez nas transicións. O xogador carballés rexeitou unha oferta dun equipo da División de Honra Prata e decidiu continuar no Xiria.


