O Marmolería Jose Rey recibía este sábado 3 ao Bm Lucus no pavillón do Ceip Fogar. O equipo carballés tiña como obxectivo seguir coa progresión dos pasados partidos. Con todo, nos primeiros compases do partido os xogadores locais estaban como o día, fríos.… Seguir lendo >>
Na mañá do sábado, o Marmolería José Rey Xiria viaxaba ata Arteixo para enfrontarse ao conxunto local, antropométricamente superior, polo que o obxectivo era seguir mellorando o resultado da primeira volta. E así o fixeron estes mozos carballeses, que seguen con clara evolución ascendente no seu primeiro ano na categoría.… Seguir lendo >>
Tiña que ser no Vila de Noia, diante da súa afección e ante o Bm Xallas; onde o xoven equipo do Marmolería José Rey Xiria conseguise sumar os seus primeiros puntos; deixando ás claras a sua evolución.
Pero non se pode relaxar o conxunto carballés; que lle custou entrar no partido despois do parón do Nadal; e debe seguir preparándose fisicamente; para enfrontarse xa na segunda volta a equipos superiores en antropometría.… Seguir lendo >>
O Marmolería José Rey viaxaba a Culleredo para continuar coa progresión que leva nos últimos partidos, que os fai crecer aos poucos. A primeira parte en defensa estivo marcada pola pasividade nas situacións dun contra un. En ataque comezamos ben, pero pronto empezamos a buscar situacións que non son as que vimos traballando, realizando un xogo moi parado.… Seguir lendo >>
Abría a xornada o Marmolería José Rey Xiria; que segue coa súa escalada na parcela física; onde aínda se mostra inferior ao resto de rivais. Neste partido puido aguantar os primeiros 25 minutos; e mesmo puido ir durante certos momentos por diante no marcador.… Seguir lendo >>
Na mañá do sábado viaxaba o Marmolería José Rey Xiria a Lugo para enfrontarse ao Bm Lucus. O comezo do partido estivo marcado polos descoidos e a falta de intensidade dos carballeses. Con todo, mediado o primeiro tempo o equipo repúxose e comezou a defender anticipándose ao rival, isto e a gran actuación de Alex baixo paus fixo que o equipo comezase a recuperar balóns.… Seguir lendo >>
Segunda xornada da segunda división infantil masculina; e o Marmolería José Rey Xiria recibía en Carballo ao Arteixo Bm. Este inicio de competición deixa ás claras que os carballeses deberán seguir traballando nos adestramentos; abrigo no aspecto físico; para poder competir contra xogadores de segundo ano; con máis experiencia e capacidades.… Seguir lendo >>
Empezaba a competición para este equipo en Ponte do Porto contra Camariñas. Xa desde os primeiros compases do partido viuse que o xogo do Camariñas ía basearse nas situacións de un contra un dun dos seus xogadores, con todo a nosa defensa non foi capaz de frealo de maneira satisfactoria.… Seguir lendo >>