O Calvo Xiria deberá afrontar nos próximos 7 días, 3 partidos de máxima esixencia. O sábado ás 20:00 no Vila de Noia recibe ao Bm Ribeiro. Equipo moi reforzado e coas máximas aspiracións esta tempada; pero ao que os resultados non lle acompañaron nas últimas semanas.… Seguir lendo >>
O Calvo Xiria realizou unha boa primeira metade onde se foi ao descanso por diante no marcador; pero cometendo demasiadas perdas de balón; que deixaron ao seu rival con vida. Na segunda metade; os dous equipos cambiáronse as tórnas; Lalín foi mellor e aproveitou o seu momento para irse no marcador e ao cabo gañar o partido.… Seguir lendo >>
Trala axustada derrota da semana pasada, as nosas xuvenís acadan un empate noutro encontro moi desputado.
Cun inicio de tanteo entre ambos conxuntos, o Xiria parecía ter máis controlado a encontro, mais a boa actuación da porteira visitante refutaba calquera opción de distanciarse no marcador.… Seguir lendo >>
Oitava vitoria seguida do noso senior feminino que serve para manter o liderato unha semana máis.
O Calvo Xiria visitaba ó Brigantium na mañá de onte na novena xornada da primeira autonómica. A intensidade local era palpable dende o comezo, pero a eficacia carballesa en ataque limitaba calquera opción local.… Seguir lendo >>
Brillante encontro das nosas xuvenís que volven sen recompensa tras plantarlle cara ó líder da categoría.
O venres, as carballesas saltaban á pista sen nada que perder, a boa defensa, apoiada na actuación de Lucía en portería, provocaba moitos erros no ataque cangués.… Seguir lendo >>
O ALS XIRIA B chegaba ao partido contra o Bm Viveiro nunha dinámica positiva, xa asentado na competición e coas ideas de xogo cada día máis claras. En frente tiñan a un dos equipos que están arriba na táboa clasificatoria.… Seguir lendo >>
O ALS A chegaba á sempre difícil pista do Lalín Arena co obxetivo de poder sacar algo positivo e continuar así con unha liña ascendente. O ALS coñecedor da importancia de poder sumar puntos nesta liga tan competida sabía da importancia de manter a concentración durante todo o encontro.… Seguir lendo >>
O ALS B chegaba a Narón con moi boas sensacións logo do partido que realizara a semana pasada. O obxetivo deste partido era conseguir manter estas boas sensacións e seguir escalando no seu xogo.
O inicio do partido xa mostrou a cara do ALS que se ía a ver.… Seguir lendo >>
O ALS A vaiaxaba a Cangas para enfrontarse ao Buenas Migas Luceros, un equipo sempre compricado e con unha idea de xogo moi definida. Polo tanto prevíase un partido bonito e pelexado entre estos dous equipos.… Seguir lendo >>
O Punta del Este Xiria viaxou na mañá do sábado ata a Cañiza para disputar o segundo encontro da primeira fase da competición infantil femenina.
As carballesas dominaron o encontro de forma clara, a partir dunha moi boa defensa que maniatou ás xogadoras pontevedresas en todo momento.… Seguir lendo >>