Archivos de la categoría Z 2014-2015 Cadete Masculino

O Grupo Lemaco sae vitorioso do derbi e sitúase a dous puntos da terceira praza

O Grupo Lemaco Xiria, levou os dous puntos do pavillón San Francisco Javier da Coruña e a vitoria do Luceros fronte ao Cisne, posibilita que os carballeses se situen a dous puntos da terceira praza da clasificación.

Foi un partido igualado dende o inicio con vantaxes mínimas, un encontro disputado de poder a poder que puido gañar calquera conxunto, pero que caíu do lado dos bergantiñáns nos últimos instantes do mesmo.… Seguir lendo >>

Derrota no derbi do Grupo Lemaco

O Grupo Lemaco Xiria, iniciaba a segunda volta do campionato en casa fronte ao BM.Artabro, despois de acadar un meritorio carto posto no derradeiro partido do 2014 en Porriño. O derbi contra os coruñeses no día de hoxe, foi ben distinto a aquel e inda que se preveía un choque igualado e intenso, poucos podían imaxinar un partido tan alocado por parte dos dous conxuntos.As defensas estiveron ausentes durante todo o envite e o xogo convertíuse nun ida e volta na maior parte do mesmo, de aí o avultado do resultado final (41-42).… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco, volve á senda da vitoria

Despois de dúas derrotas consecutivas contra dous dos equipos que ocupan os postos máis altos da clasificación, o Grupo Lemaco Xiria voltou á senda da vitoria e fíxoo no mellor momento e contra o rival máis idoneo, xa que o conxunto da SAR de Redondela, situábase un punto por encima dos carballeses e empatados a punto con estes antes do comezo da décima xornada.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco Xiria, cae en Pontevedra

Os cadetes de Escolas Balonmán Xiria, caeron na mañá do Sábado ante un BM.Cisne que estivo sobresainte. O madrugón, non lle sentou ben aos xogadores de Carballo, descoñecidos no parquet do Centro Galego de Tecnificación Deportiva durante os sesenta minutos. A penas aguantaron 5 minutos os visitantes (3-3) ante a gran intensidade e o altísimo ritmo proposto polos de casa e deron demasiadas facilidades con 23 perdas de balón o longo do encontro.… Seguir lendo >>