
COMUNICADO OFICIAL
Ante as noticias dos medios de comunicación sobre un grave incidente que afecta a membros desta organización deportiva, o club Escolas Balonmán Xiria manifesta a súa máis firme condena a calquera comportamento que poña en perigo a seguridade e o respecto que merecen todas as nosas deportistas.
O club está totalmente dispoñible para as autoridades competentes e está a cooperar con toda a información necesaria na investigación en curso.
Desde que coñecemos os acontecementos, manifestamos o noso total apoio ás xogadoras e ás súas familias, reiterando o noso compromiso cunha contorna deportiva segura, saudable e respectuosa.
Por respecto ás persoas implicadas e ao traballo da xustiza, non faremos máis declaracións mentres continúe a investigación.
Escolas Balonmán Xiria.