Cuartos de Final da Copa Galicia

Inicia o Calvo Xiria a competición oficial coa disputa da Copa Galicia. O equipo carballés entra en competición nos cuartos de final, por ser campión de liga de 1ª Estatal, xunto cos equipos de Asobal e Prata.

Así o Calvo Xiria deberá medirse, en eliminatoria a partido único, ao Servi-Auto Bueu At., que ven de eliminar a SD Teucro B e ao Bm Porriño, para tentar obter unha praza para as semifinais, unhas semifinais nas que o equipo carballés estivo presente nas últimas edicións deste torneo.

O partido dispútase este venres ás 21.00 h no Pavillón Pablo Herbello de Bueu.

Os outros tres encontros de cuartos de final son: OAR Coruña – Frigoríficos do Morrazo Cangas, Acanor At. Novás – Condes de Albarei Teucro e Embutidos Lalinense Bm Lalín – Cisne BM.