DELICATESSEN D-VICIO XIRIA 9 – EM CAMARIÑAS 4

Delicatessen D-Vicio Xiria (5+4): Sara, Carolina (3), María, Rosana, Belén, Aida (3) e Cristina (3).

Esc. Mpal. de Camariñas (2+2): Nives, Carolina, Sandra, Araceli, Nerea, Yolanda (3), Sheila, Carla (1) e Leticia.

Nova vitoria do Delicatessen D-Vicio Xiria diante do Camariñas, e xa van 4 de 4 nesta tempada para as carballesas. Partido con importantes carencias ofensivas e onde se volveron a impoñer as porteiras diante da falta de acerto nos lanzamentos.

Tan só lle resta ao Xiria o encontro de Narón, para rematar o Trofeo Delegación Territorial, unha vitoria ou un empate daríalle o título as carballesas ao igual que aconteceu na Liga, acadando así o doblete.